— Axudas promoción produtos mercado interior. Ata 29 xaneiro.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 11, 2018 19:36

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF) e a Orde completa na ligazón”Web”

— ORDE do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2018. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 246 (29/12/2017)

 
OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2018 das axudas que, en réxime de concorrencia competitiva, vai conceder a Consellería do Medio Rural para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con Calidade diferenciada no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020.

DEFINICIÓNS

  1. Para os efectos desta orde, consideraranse agrupacións de produtores os consellos reguladores e as entidades asociativas sen ánimo de lucro en que participan produtores-entendidos como tales os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación- implicados nalgún programa de calidade diferenciada dos alimentos. No caso das ditas entidades asociativas, os seus asociados terán que ser maioritariamente produtores vinculados ao programa de calidade do que se trate e o obxecto social da entidade terá que incluír a realización de actividades relacionadas directamente coa información aos consumidores ou coa promoción do produto de calidade a que se refira o programa.
  2. Para os efectos desta orde, considerarase programa de calidade diferenciada dos alimentos aquel que se atope nalgún dos seguintes casos:

    a) Programas comunitarios de calidade de produtos galegos establecidos en virtude dos seguintes regulamentos e disposicións:

    • 1º. Produción agrícola ecolóxica, regulada polo Regulamento (CE) nº 834/2007 do Con-sello, do 28 de xuño de 2007, sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos.
    • 2º. Denominacións de orixe protexidas (DOP), indicacións xeográficas protexidas (IXP) e especialidades tradicionais garantidas (ETG) reguladas polo Regulamento (UE) nº 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de novembro de 2012, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios.
    • 3º. Viños de calidade con denominación de orixe protexida ou indicación xeográfica protexida, regulados polo Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007.
    • 4º. As bebidas espirituosas con indicación xeográfica de acordo co Regulamento (CE) nº 110/2008 do Parlamento europeo e do Consello, do 15 de xaneiro de 2008, relativo á designación, presentación, etiquetaxe e protección da indicación xeográfica de bebidas espirituosas, e a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade ali-mentaria galega.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións que, baixo calquera fórmula xurídica, reúnan a produtores (entendidos como tales os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación) que participen nun réxime de calidade susceptible de apoio pola submedida 3.10, para accións de promoción no mercado interior relacionadas con produtos cubertos por algún deses réximes.

DEFINICIÓNS

  1. Serán subvencionables as actividades das agrupacións de produtores relacionadas con actuacións de información e promoción en que o fin sexa inducir o consumidor a adquirir produtos incluídos no marco de programas de calidade diferenciada dos alimentos.
  2. As actividades a que se refire o parágrafo 1 anterior resaltarán as características ou as vantaxes específicas dos produtos en cuestión, especialmente a calidade, os métodos de produción específicos ou as estritas normas aplicadas para garantir o benestar dos animais e o respecto do ambiente vinculadas ao programa de calidade de que se trate, e poderán incluír a divulgación de coñecementos científicos e técnicos sobre eses produtos. Poderán consistir, en particular, na organización de feiras e exposicións e a participación nelas, así como actividades similares de relacións públicas e publicidade nos diversos medios de comunicación ou nos puntos de venda, de acordo co establecido no artigo seguinte.

No caso dos viños e bebidas espirituosas, nas actividades de información e promoción deberá facerse sempre clara referencia ás exixencias legais e regulamentarias aplicables ao consumo responsable destas bebidas alcohólicas e ao risco que supón o abuso do consumo de alcohol.

GASTOS SUBVENCIONABLES

1. Considéranse subvencionables os gastos realizados nas seguintes actividades:

a) Promoción.
Serán subvencionables os gastos relativos á realización e execución de campañas publicitarias nos distintos medios de comunicación e outras accións de promoción, como misións comerciais, misións comerciais inversas, catas comentadas, degustacións, presentacións públicas ou accións publicitarias nos puntos de venda.

Cando as actividades teñan por obxecto a promoción dos produtos procedentes da agricultura ecolóxica ou de produtos amparados conforme o R (UE) 1151/2012 por unha denominación de orixe protexida (DOP), indicación xeográfica protexida (IXP) ou especialidade tradicional garantida (ETG), aparecerá en todo o material informativo, promocional ou publicitario o logotipo comunitario identificador destes.

Nas actuacións realizadas, os produtos alimenticios elaborados polos integrantes da agrupación empregados nas campañas de promoción poderán ser considerados como parte da achega ao gasto correspondente ao solicitante, valorándose a prezos de orixe, cos límites máximos que se establecen no anexo III. En todo caso, nestes produtos non se empregarán marcas comerciais.

b) Feiras e exposicións.

  1. Poderá subvencionarse a participación en feiras e exposicións do sector agrario e agroalimentario.
  2. Organización.
    Será tamén subvencionable a organización de feiras e exposicións relativas a produtos incluídos nalgún programa de calidade diferenciada dos alimentos.

c) Estudos e outras accións de divulgación.
Serán subvencionables os estudos de mercado relacionados directamente con campañas de promoción e os de avaliación do impacto destas sobre os consumidores e sobre a comercialización dos produtos incluídos en programas de calidade diferenciada dos alimentos.

Poderase subvencionar tamén a organización de xornadas técnicas, seminarios e congresos que teñan por obxectivo a divulgación de coñecementos científicos e técnicos sobre eses produtos co fin de chamar a atención das persoas consumidoras sobre as súas características ou vantaxes específicas para inducir a estas a adquirilos.

CONTÍA DAS AXUDAS

1. As axudas poderán chegar ata o 70 % do gasto subvencionable.

2. Sen prexuízo do cumprimento da intensidade máxima da axuda que se recolle no punto anterior, as axudas máximas serán as seguintes:

    a) Para o conxunto das accións encadradas na letra a) do artigo 5.1 (Promoción), a axuda máxima será de 400.000 euros por beneficiario e ano.
     
    b) Para cada unha das accións encadradas na letra b) ordinal 1º do artigo 5.1 (Asistencia a feiras), a axuda máxima será de 18.000 euros cando se trate dun evento realizado no territorio da Comunidade Autónoma, de 24.000 euros no resto do territorio peninsular e de 36.000 euros no caso de ser fóra do territorio peninsular.
     
    c) Para as accións encadradas na letra b) ordinal 2º do artigo 5.1 (Organización de feiras), a axuda non superará os 36.000 euros por acción.
     
    d) Para as accións encadradas na letra c) do artigo 5.1 (Estudos e outras accións divulgativas), a axuda non superará os 18.000 euros por acción.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de xaneiro de 2018.