— Axudas para maquinaria agrícola en réxime asociativo, 2014

Agaca
Por Agaca Decembro 1, 2014 12:09

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo
  • Comezo: 01/01/2014
  • Fin: 02/24/2014
  • Descarga:

ORDE do 30 de decembro de 2013 pola que se convocan para o ano 2014 as axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013

OBXECTO.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia e convocalas para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva.

[ Subir ]

 

- ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES.

1. Compra de maquinaria agrícola.

2. Estudios tecnico-economicos de viabilidade.

3. En ningún caso se subvencionarán:

a) A simple reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada, nin se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos que sexan recuperables.

b) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación, para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.

c) As subvencións á maquinaria e equipamentos de carácter forestal.

d) So serán subvencionables os investimentos que se realicen e que se xustifique o seu gasto e pagamento, con posterioridade á data de presentación da solicitude de axuda.

[ Subir ]

 

- BENEFICIARIOS.

Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:

1. As cooperativas agrarias que teñen como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola, en diante CUMA, sociedades agrarias de transformación, en diante SAT, que teñen como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9 da Lei 5/1998, do 18 de decembro (DOG nº 251, do 30 de decembro) de cooperativas de Galicia, así como outras agrupacións con personalidade xurídica propia, e soamente para investimentos directamente relacionados coa súa actividade, especialmente as comunidades de regantes, asociacións de viticultores en terreos con pendente superior ao 15% e asociacións de faba e de castaña.

2. O resto de cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario ou agroforestal para prestar servizos aos seus socios.

3. As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións, nos cinco anos posteriores á súa constitución.

[ Subir ]

 

- CONCEPTOS SUBVENCIONABLES E CONTIA ECONOMICA DAS AXUDAS

A) Axudas ás CUMA e SAT que teñen como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal e cooperativas agrarias, así como comunidades de regantes e asociacións de viticultores, de faba e de castaña:

1. Adquisición de maquinaria agrícola.

a) No caso das CUMA e SAT, e cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria recollidas, así como comunidades de regantes e asociacións de viticultores, de faba e de castaña, a porcentaxe de axuda con carácter xeral sera do 40% en zona ordinaria, ata o 50% en zonas desfavoreciadas ou de montaña.

b) Para as cooperativas agrarias, a axuda con carácter xeral sera do 35% do investimento auxiliable en zona ordinaria, e o 45% en zonas desfavorecidas ou de montaña.

2. Gastos en estudos técnico-económicos de viabilidade sobre os investimentos obxecto de axuda ata un máximo de 1.500 € de subvención. €.

3. A subvención poderá chegar ata un máximo de 100.000 euros por entidade beneficiaria.

B) Axudas ás cooperativas de explotación comunitaria da terra e SAT procedentes de fusión:

1. Adquisición de maquinaria agrícola:

a) Con carácter xeral, exceptuando aqueles casos en que se indica outra porcentaxe, a intensidade da axuda será do 35% do investimento auxiliable en zona ordinaria e do 45% en zona desfavorecida ou de montaña.

b) A subvención máxima para o conxunto de investimentos non poderá superar os 20.000 € por explotación fusionada, e poderase incrementar nun 10% cando a metade dos socios da entidade resultante da fusión sexan agricultores mulleres ou mozos segundo a Lei 19/1995, do 4 de xullo (BOE nº 159, do 5 de xullo), de modernización de explotacións.

2. Gastos en estudos técnico-económicos de viabilidade sobre os investimentos obxecto de axuda ata un máximo de 600 € de subvención.

[ Subir ]

 

- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.

A xustificación do gasto correspondente aos investimentos subvencionables deberase realizar segundo o prazo establecido na resolución de concesión, e antes do 30 de setembro, inclusive.

[ Subir ]

 

- PRAZO DE SOLICITUDES.

O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 24 de febreiro de 2014