— Axudas IGAPE: programa Re-acciona TIC 2019. Ata 14 febreiro.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 16, 2019 13:50

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución  en “Documentación” (formato PDF) e a Resolución  completa na ligazón  “Web”

— RESOLUCIÓN del 21 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva. IGAPE (DOG Nº 7, 10/01/2019)

SERVIZOS OBXECTO DE APOIO

1. O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos do programa Re-acciona TIC 2019, integrados nas seguintes categorías:

a) Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0. Neste servizo analizarase a situación actual da empresa e farase unha detección das súas capacidades para orientarse cara a unha Industria 4.0. Tras a elaboración deste diagnóstico inicial, a contratista identificará as necesidades organizativas e tecnolóxicas que lle permitan á empresa incorporar novas tecnoloxías e preparará un itinerario de implantación tecnolóxico.

b) Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0. Trátase de xestionar o proxecto de implantación dun mínimo de 2 medidas de solucións Industria 4.0 consideradas de maior relevancia pola empresa procedentes dun diagnóstico de capacidades que pode ser realizado dentro deste programa ou ben pode ser resultado doutra análise que ofreza similares resultados.

c) Servizo de xeración de modelos e simulación industrial. Consiste en executar un proxecto de xeración de modelos e simulacións sobre estes. Deste xeito, debe existir un produto, prototipo ou proceso que sexa susceptible da súa modelización, así como un problema a resolver para o que se necesite realizar procesos de simulación sobre o modelo xerado.

BENEFICIARIOS

1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

CONTÍA DAS AXUDAS E CONCORRENCIA DESTAS

1. As axudas previstas nestas bases reguladoras configúranse como axudas en especie, da disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape pola prestación do servizo e o importe exixido ás beneficiarias en concepto de cofinanciamento.

O importe do cofinanciamento privado é o que se indica na seguinte táboa para cada tipo de servizo e para cada tipo de empresa destinataria do servizo:

20190116_Ax-programa-RE-acciona-TIC-igape-servizo

 

 

 

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os prazos para presentación de solicitudes serán os seguintes:

20190116_Ax-programa-RE-acciona-TIC-igape-prazo