— Axudas FEDER a dixitalización fronte COVID-19. Ata 30/09/2020

Agaca
Por Agaca Xuño 19, 2020 15:29

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen en gallego (PDF) en “Documentación” y la Resolución completa en español en el enlace “Web”

RESOLUCIÓN de 15 de junio de 2020 por la que se da publicidad del acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas a proyectos de digitalización para hacer frente a la situación provocada por el COVID-19 (programa Cheques Digitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciación por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional, en el marco del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, y se procede a su convocatoria en régimen de concurrencia no competitiva (código de procedimiento IG300E). IGAPE, DOG Nº 119, 18.06.2020)

FINALIDADE/ OBXECTIVO

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calesqueira das seguintes categorías:

– Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in / check-out
– Sistemas de control de aforo: cámaras, sensores, sistemas online sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
– Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras
– Sistemas de control de normas de calidade Covid-19.
– Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation
– Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas
– Sistemas de cartelería electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
– Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para Hostalería (menús, cartas, )
– Sistemas de balizas
– Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por Covid-19.
– Adaptación da presencia en internet ao efecto do Covid19, mediante elementos como “bots” de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas “pick and go” (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
– Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
– Solucións de mellora da ciberseguridade.
– De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

TIPOS DE APOIO

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciais
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas en algunha das seguintes categorías:

a) Microempresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa) que desenvolvan a súa actividade en algún dos seguintes sectores:

i. Hostalería e turismo CNAES 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de comidas e bebidas), 7711 (aluguer de automóbiles e vehículos a motor lixeiros), 7721 (aluguer de artigos de ocio e deportes), 79 (Actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas cos mesmos), 9004 (xestión de salas de espectáculos), 91 (Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais), 93 (Actividades deportivas, recreativas e de entretemento).
ii. Comercio polo miúdo CNAE 45 (Venta e reparación de vehículos de motor e motocicletas) e 47 (Comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas).
iii. Transporte Rama H da CNAE (transporte e almacenamento).
iv. Perruquería e estética persoal, tintorerías, servizos de reparación e outros CNAE 95 (reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico), 9601 (Lavado e limpeza de prendas téxtiles e de pel), 9602 (perruquería e outros tratamentos de beleza), 9603 (Pompas fúnebres e actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e 9609 (outros servizos persoais n.c.o.p.). v. Os seguintes epígrafes de formación: 8532 (Educación secundaria técnica y profesional) e 855 (Outra educación).

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Deben cumprir a definición de Peme. Quedan excluídas deste epígrafe as entidades dedicadas os sectores da pesca e da acuicultura e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clusters, colexios profesionais ou cámaras.

Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 euros e os 12.000 euros de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5.

O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a entrada en vigor do Real Decreto polo que se declara o estado de alarma (14 de marzo de 2020) ata a data máxima de execución establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable. O prazo de execución dos proxectos e o de xustificación da execución rematarán o 15 de novembro de 2020.

Os proxectos deberán estar implementados e en uso na entidade beneficiaria ao remate do prazo de Cada entidade poderá solicitar o programa Cheques de dixitalización Covid19 unha única vez.

INVERSIONES O GASTOS COMPUTABLES

1. Serán subvencionables os investimentos e gastos que estean vinculados ao proxecto e que sematerialicen nos conceptos que se relacionan a continuación.

a) Activos dos seguintes tipos:
-Equipos informáticos, sensórica, wearables e outro equipamento electrónico.
– Licencias de Software estándar de mercado. Para comprobar que se trata dun produto, verificarase que existe unha páxina web pública dispoñible en internet onde, como mínimo, se expliquen as características do software e as condicións nas que se comercializa.
– Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural na que se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso a redes.

b) Gastos de subscrición a software como servizo estándar de mercado (comprobado como no punto anterior) aboados por parte do solicitante durante o período de gasto subvencionable. No caso de que o sistema de adquisición supere en un ano o fin do prazo de execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable a pro rata.

c) Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.

A suma do gasto subvencionable nos apartados a e b non superará os 10.000 euros. O máximo de gasto subvencionable no apartado c será de 4.000 euros.

2. Os activos (apartado 1.a) poderán ser adquiridos en propiedade ou utilizarse en réxime de arrendamento durante o período de execución do proxecto. Neste caso, o custo subvencionable será o importe das cotas satisfeitas, sen recargos, xuros ou outros custos adicionais.

3. Os custos de adquisición de activos de segunda man poderán ser subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e de que non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
b) O prezo non sexa superior ao valor de mercado e sexa inferior ao custo dos bens novos similares, para o cal deberá achegarse certificado de taxador independente.

4. Os bens, materiais e servizos obxecto do proxecto deberán ser contratados a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A contía da axuda será do 80% dos importes indicados no artigo 5, co límite máximo de 9.600 euros por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito..