— Axudas danos por lobo.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 12, 2018 11:23

Información de la ayuda

Activa

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

POde consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF) e a orde completa na ligazón “Web”

— ORDE do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2018. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. DOG Nº 7, (10/01/2018)
OBXECTO E PRINCIPIOS

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de actividades gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e convocalas para o ano 2018.

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, Igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas propietarias do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fora afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.

REQUISITOS

1. O gando danado polo que se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:

    a) Pertencer a unha explotación incluída no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.

     
    b) O gando bovino, ovino e cabrún deberá cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras de acordo coa normativa aplicable para o efecto.

    No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza celta e cumprir cos requisitos sanitarios establecidos no Real decreto 599/2011, de 29 de abril, polo que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino e no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.

    c) Estar identificado de acordo coa normativa aplicable para o efecto e, no caso de gando porcino de raza celta, deberán estar identificados individualmente e estar inscritos no Libro xenealóxico da raza.

ÁMBITO TEMPORAL

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.

COMUNICACIÓN DO DANO

1. Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque no caso de gando en réxime intensivo e nas setenta e dous horas no caso de gando en réxime semiextensivo ou extensivo, as persoas propietarias das reses deberano pór en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará unha chave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata ás 17 horas 30 minutos os sábados.

Para os danos constatados entre as 17 horas 30 minutos dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contadas desde as 20.00 horas do domingo.

Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos/das axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Para isto tomaranse as medidas oportunas para evitar, no posible, a alteración do escenario do acto de predación e evitarase en todo caso o seu traslado do lugar dos feitos.

Os animais feridos poderán ser atendidos por persoal veterinario coa menor manipulación posible co obxecto de non entorpecer o labor investigador.

2. A partir do 1 de outubro de 2018 poderanse realizar comunicacións por danos do lobo de acordo co establecido nos parágrafos anteriores e queda condicionada a concesión de axudas a unha nova convocatoria no ano 2019.

IMPORTE DAS AXUDAS

1. O importe das axudas por morte do gando figura no anexo I desta orde.

Este importe incrementarase nun 30 % cando afecte explotacións dos concellos recollidos no anexo III desta orde.

2. No caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados (enténdese por gasto veterinario tanto a actuación do persoal profesional como o tratamento prescrito), nunha contía que, en ningún caso, poderá exceder o límite das contías previstas no anexo I desta orde.

20180111_ax-danos-lobo-anexo_I

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:

a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2017 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados a partir da entrada en vigor desta orde.

É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o ataque do xeito e no prazo previstos na Orde do 26 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2017.

b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación do dano.