— Axudas ao financiamento de plans de innovación – RIS3. Ata 8 abril.

Agaca
Por Agaca Febreiro 20, 2019 14:28

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e a Resolución completa en español na ligazón “Web”

—RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia  competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades  integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento  Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019. Axencia Galega de Innovación. DOG Nº 28, (8/02/2019).

FINALIDADE/OBXECTIVO

Son axudas ás pemes destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en Plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

BENEFICIOS POTENCIAIS

1. Poderán ser beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

1. Serán actividades subvencionables aquelas incluídas nun plan de innovación, que deberá reunir, necesariamente, as seguintes características:

a) Deberá reunir unha serie de actividades que constitúan un conxunto completo e homoxéneo que permita implementar ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante.

b) As actividades incluídas no plan deben implicar unha ou varias destas opcións, desagregadas no catálogo que se achega como anexo I:

b.1) Actividades de innovación, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas (desbordamento do coñecemento), deficiencias de coordinación e, en menor medida, información asimétrica; estas actividades comprenderán a obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, o envío en comisión de servizo de persoal altamente cualificado e a adquisición de servizos de asesoramento e apoio á innovación.

b.2) Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos). Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

b.3) Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa. Non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

c) Deberá estar aliñado con algunha das prioridades da RIS3 para Galicia (anexo II).

d) O orzamento subvencionable será dun mínimo de 80.000 euros e dun máximo de 200.000 euros.

e) A súa duración mínima será dun ano e a máxima estenderase ata o 30 de novembro de 2020.

2. Só se financiarán as actividades do plan desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega.

3. Considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presenta antes do comezo do plan. Prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha empresa de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente.

INVESTIMENTOS OU GASTOS COMPUTABLES

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. Para a anualidade de 2019, só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e o 30 de novembro de 2019. Para a anualidade 2020, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de novembro de 2020.

3. Os gastos subvencionables deberán respectar o disposto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020 e serán exclusivamente custos directos, entendendo como tales aqueles que estean directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade pode demostrarse.

Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

a) Para actividades de innovación (artigo 5.1.b.1):

a.1) Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais; incluiranse os custos derivados da obtención de certificacións oficiais vinculadas co plan de innovación como, a modo indicativo, a especificación EA0047 Requisitos para a consideración como pequena ou mediana empresa innovadora, EA0043 Requisitos da nova empresa innovadora. JEI e as incluídas na serie de normas UNE 166000 dedicadas a apoiar a optimización da xestión da I+D+i.
a.2) Custos de envío en comisión de servizo de persoal altamente cualificado procedente dun organismo de investigación e difusión de coñecementos ou dunha grande empresa, que traballe en actividades de investigación, desenvolvemento e innovación nunha función recentemente creada na entidade beneficiaria e que non substitúa outro persoal.
a.3) Custos de servizos de asesoramento en materia de innovación: consultoría, asistencia e capacitación nos ámbitos da transferencia de coñecemento, adquisición, protección e explotación de activos inmateriais, e o uso de normas e regulamentos que os incorporan.
a.4) Custos de servizos de apoio en materia de innovación: bancos de datos, bibliotecas, investigación de mercados, laboratorios, etiquetaxe de calidade, ensaio e certificación, co fin de desenvolver produtos, procesos ou servizos máis eficaces.

b) Para innovación en materia de procesos e organización (artigo 5.1.b.2) e b.3:

b.1) Custos de persoal propio.
b.2) Custos de persoal de nova contratación.
Os custos de persoal propio e de nova contratación rexeranse polo disposto no artigo seguinte desta convocatoria.
b.3) Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición e non adquirido con fondos ou axudas públicas: na medida en que se utilicen para as actividades do plan de innovación.
b.4) Custos de adquisición de licenzas de propiedade industrial: as licenzas deberán ser adquiridas ou obtidas de fontes externas, sempre e cando a operación se realice en condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión.
b.5) Custos de material, subministracións e produtos similares, que deriven directamente do desenvolvemento do plan.
b.6) Subcontratacións: consideraranse subcontratacións as actuacións contratadas con organismos de investigación ou outras entidades, que supoñan a execución dunha parte das actividades incluídas no plan de innovación que constitúe o obxecto da subvención.

CONTÍA DAS AXUDAS

Axudas á innovación en favor das pemes: 50%

Axudas á innovación en materia de procesos e organización: 50%

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de abril de 2019.