– Axudas a transformación e comercialización de produtos agrarios. Ata 24/02/2020.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 28, 2020 12:39

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar a Orde completa na ligazón “Web”

— ORDEN del 26 de diciembre de 2019 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para las inversiones en transformación y comercialización de productos agrarios del período 2014-2020, cofinanciadas por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader), y se convocan para el ejercicio presupuestario de 2020. Consellería do Medio Rural. (DOG Nº 16, 24/01/2020).

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020.

A concesión destas axudas efectuarase mediante concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES

  1. Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou valor económico total deles non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.
  2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). Para estes efectos considerarase que os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización son produtos agrarios cando a súa totalidade estea incluídas no anexo I do Tratado.
  3. Non obstante, non serán subvencionables:
    a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.
    b) No sector vitivinícola os investimentos relativos aos produtos descritos na parte XII do anexo I do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, relativo aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.
  4. Os tipos de gasto subvencionables son os seguintes:
    a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.
    b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.
    c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.
    d) Os custos xerais vinculados as letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.
  5. Non serán, porén, obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.

CONTÍA DAS AXUDAS

As porcentaxes máximos de axuda serán as seguintes:

Tipo de produto final Tipo de empresa solicitante
Microempresas e pequenas empresas Empresas medianas Empresas non pemes
Incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado 50% 50% 50%
Non incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado 30% 20% 10%

 

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo remata o vindeiro 24 de febreiro de 2020.