— Axudas a proxectos piloto. Ata 13/03/2020.

Agaca
Por Agaca Febreiro 20, 2020 11:20

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo en español en PDF en “Documentación” e a Resolución completa na ligazón “Web”

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réximen de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proyectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 30. (13/02/2020).

ENTIDADE XESTORA AGENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA
OBXECTO Realización de accións de cooperación para a implantación de proxectos piloto e o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal. Entendéndose desenvolvemento tanto a incorporación de novidades como a aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías existente en condicións onde tradicionalmente non se utilizaron previamente.
BENEFICIARIOS A. Persoas físicas ou xurídicas vinculadas á produción primaria en agricultura, gandería e/ou silvicultura.
B. Persoas físicas ou xurídicas vinculadas á primeira transformación do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.NOTA: debe intervir polo menos un BENEFICIARIO e un AxENTE COOPERANTE. Concederase un MÁX de 2 axudas por beneficiario.
AXENTES COOPERANTES (≥10%) C. Produtores e organizacións sen ánimo de lucro do sector primario en agricultura, alimentación e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
D. Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así coma outros centros públicos de investigación.
E. Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio Rural, así como as que desenvolven actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal.
F. Entidades asesoras na conservación ou uso sustentable dos recursos naturais.
G. Outras entidades con intereses recolecidos no ámbito rural.
ÁREAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN 1. Xestión sustentable dos recursos naturais
2. Sistemas agrarios de produción
3. Industria agroalimentaria
4. Cadea agroalimentaria
5. Bioeconomía
6. Aplicación de TICs ao sector
CONCEPTOS 1. PERSOAL TÉCNICO PROPIO: MÁX tit sup 32.000E/año, tit medio 27.000, FP sup 22.000, outras categ 18.000; MÁX horas 1.750h/ano.
2. EQUIPOS E EQUIPAMENTO novo ou segunda man: horas de uso.
3. ADECUACIÓN OU MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO.
4. SERVIZOS TECNOLÓXICOS EXTERNOS: análises e ensaios de laboratorio, enxeñería para a montaxe e operación, estudos, consultoría…
5. MATERIAL FUNXIBLE OU COMPOÑENTES.
6. VIAXES E DIETAS segundo DECRETO 144/2001 actualizado pola RESOLUCIÓN 29/12/2005.
7. ORGANIZACIÓN DE XORNADAS OU EDICIÓN DE MATERIAL DE DIFUSIÓN (publicacións. webs, asistencia a congresos ou feiras…).
8. ALUGUER DE EQUIPOS, INSTALACIÓNS OU EDIFICIOS.
9. DIVULGACIÓN, PROTECCIÓN e TRANSFERENCIA DE RESULTADOS.
10. AXENTES COOPERANTES: conceptos incluídos en puntos 1 a 9 anteriores.
12. CUSTOS INDIRECTOS: 15% x PERSOAL.
CONTÍA 80% con MAX 150.00 EUR
ORZAMENTO A 2 anos MÁX 150.000 EUR con reparto MÁX por 30% para 1ª anualidade. A 3 anos MÁX 200.000 EUR con reparto MÁX de 30% en 1ª e 50% en 2ª.