— Axudas a promoción sector vitivinícola (ata 30 xaneiro)

Agaca
Por Agaca Xaneiro 2, 2017 14:03

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

— ORDE do 21 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2017. Consellería do Medio Rural. (DOG Nº248, 29/12/2016)

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2017.

TIPOS DE ACCIÓNS E DURACIÓN DOS PROGRAMAS

  1. As medidas de información e promoción dos viños en terceiros países mencionadas no artigo 45 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 poderán incluír calquera das accións e actividades relacionadas no anexo III desta orde.
  2. As ditas accións deberán levarse a cabo preferentemente no marco dun programa de información e de promoción, entendendo como tal o conxunto de accións de promoción coherentes que se desenvolvan en un ou varios terceiros países.
  3. Para cada período de programación, os programas poderán ter unha duración máxima de tres años para un determinado beneficiario nun terceiro país ou rexión dun terceiro país. Non obstante, se os efectos do programa o xustifican, poderase prorrogar.

ENTIDADES E PERSOAS BENEFICIARIAS

  1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
  • Empresas vinícolas, considerando como tales as persoas físicas ou xurídicas privadas que operen principalmente na produción e/ou comercialización dos produtos do sector do viño mencionados no anexo IV desta Orde.
  • As organizacións de produtores, asociacións de organizacións de produtores e organizacións interprofesionaisdefinidas nos artigos 152, 156 e 157 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, recoñecidas polo Estado membro así como as organizacións profesionais e os grupos definidos no artigo 3, número 2, do Regulamento (UE) nº 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, e as asociacións temporais ou permanentes de dous ou máis produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.
  • Así mesmo, e no caso de existir suficiente dispoñibilidade de orzamento, tras a aprobación dos programas correspondentes aos tipos de beneficiarios antes indicados, poderán considerarse tamén beneficiarios os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados en terceiros países.

 
PRODUTOS E PAÍSES QUE PODEN SER OBXECTO DE ACCIÓNS

  1. Poderán ser obxecto das accións de información e promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:
    a) Viños con denominación de orixe protexida.
    b) Viños con indicación xeográfica protexida.
    c) Viños nos cales se indique a variedade de uva de vinificación.
  2. Consideraranse elixibles para realizar medidas de promoción todos os terceiros países, sendo prioritarios os enumerados no anexo VII.

ANEXO III

Accións e actividades de promoción

Accións Actividades
a) Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen en particular as vantaxes dos produtos da Unión Europea en termos de calidade, seguridade alimentaria e respecto ao ambiente
  • Misións comerciais
  • Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos etc.)
  • Promocións en puntos de venda
  • Portais web para promoción exterior
  • Misións inversas
  • Oficinas de información
  • Gabinete de prensa
  • Presentacións do produto
b) Participación en manifestacións, feiras e exposiciones de importancia internacional – Feiras e exposicións internacionais etc, sectoriais ou xerais, profesionais e de consumidores
c) Campañas de información, en particular sobre os sistemas da Unión Europea de denoominacións de orixe, indicacións xeográficas e producións ecolóxicas
  • Encontros empresariais, profesionais, líderes de opinión y consumidores
  • Xornadas, seminarios, catas, degustacións etc.
d) Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais – Estudos e informes de mercado
e) Avaliación dos resultados ds medidas de promoción e información
  • Estudos de avaliación de resultados das medidas de promoción
  • Auditorías de execución de medidas e gastos das operacións

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de las solicitudes finaliza o 30 de xaneiro de 2017.