— Axudas á prevención de riscos laborais. Ata 3 agosto.

Agaca
Por Agaca Xullo 4, 2018 15:13

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumen da Orde en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

— ORDE do 15 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2018. Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOG Nº 126, 03/07/2018

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2018 da concesión de subvencións, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral de Emprego, co fin de levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia.

LIÑAS

Liña 3. Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballoCoa fina

BENEFICIARIAS E O SEU FINACIMENTO

Liña 3. Poderán ser beneficiarias desta liña:

As medianas, pequenas empresas e microempresas, así como as persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras ao seu cargo, que teñan o seu domicilio social e polo menos un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galiciaina

IMPORTE MÁXIMO SUBVENCIONABLE

1. Por entidade:

Na liña 3: ningunha empresa poderá percibir unha contía cuxo importe supere o 50 % do custo subvencionable realizado nela, e o límite máximo nunca poderá exceder un total de 15.000 euros.

GASTOS SUBVENCIONABLES E PERÍODO DE IMPUTACIÓN

Para a liña 3 as accións subvencionables e os gastos derivados delas poderán realizarse desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 31 de outubro de 2018.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES

1. Serán subvencionables os investimentos en prevención de riscos laborais para uso propio da empresa (exclúense os adquiridos para venda ou alugamento), sempre que a mellora da necesidade preventiva quede reflectida na avaliación de riscos e estea recollida na planificación da actividade preventiva a que se refire a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

2. Os investimentos poden ser de 3 tipos:

a) Investimentos na mellora da adaptación de máquinas, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo:

  1. Mellora na adaptación de máquinas ou equipamentos de traballo que, cumprindo coas disposicións previstas no Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo, sexan susceptibles dunha mellora desde o punto de vista da súa maior seguridade.
  2. Mellora na adaptación ou adquisición de máquinas ou equipamentos de traballo, realizada con criterios ergonómicos, co obxecto de previr trastornos musculoesqueléticos.
    Non son obxecto de subvención o mobiliario nin os accesorios de oficina.
  3. Mellora na adaptación, substitución ou adquisición de máquinas ou equipamentos de traballo ou outras medidas de protección colectiva co obxecto de reducir o risco de exposición a axentes químicos, ao ruído, ás vibracións mecánicas e aos axentes biolóxicos durante o traballo.
    Non serán subvencionables as modificacións organizativas dos métodos de traballo.

b) Mellora na adaptación de postos de traballo:
A mellora na adaptación de postos de traballo con obxecto de reducir riscos para a maternidade, realizadas con criterios preventivos para a protección do embarazo e da lactación natural, segundo o artigo 26 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, así como para a redución de riscos noutros colectivos sensibles claramente identificados na memoria que se presente.

c) Investimentos nos lugares de traballo:
Intervencións nos lugares de traballo destinadas a ofrecer seguridade fronte aos riscos presentes neles, de conformidade cos números 2 a 8 e 13 do anexo I do Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo.

Non serán subvencionables os supostos de: seguridade estrutural, escaleiras de man, vías e saídas de evacuación, condicións de protección contra incendios e instalación eléctrica, orde, limpeza e mantemento, condicións ambientais, iluminación nin servizos hixiénicos e locais de descanso.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo xeral para a presentación das solicitudes rematará o 3 de agosto de 2018.