— Axudas á prevención danos a bosque e ao aumento de valor ambiental. Ata 27/02/2020

Agaca
Por Agaca Xaneiro 30, 2020 13:01

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar a Orde completa (PDF) en “Documentación” e na ligazón “Web”

ORDE do 23 de decembro pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestaisl, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 17. (27/01/2020).

OBXECTO

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MR605A), e se convocan para o ano 2020, a través de dúas liñas de axuda.

2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.
b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

BENEFICIARIOS

1. Serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

3. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

INTENSIDADE DA AYUDA

A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %, calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico e tendo en conta o anexo VIII en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de actuación.

ACCIÓNS OBXECTO DA AXUDA

1. Os tipos de actuacións subvencionables son os seguintes:

a) Liña I (axudas para realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais):

1º. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior, en que poderán existir, nun máximo do 20 % da superficie, bosquetes ocupados por especies frondosas do anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que se deberán respectar e actuar neles (roza, rareo e poda).

2º. Rozas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como vertical en masas de coníferas.

b) Liña II (axudas para tratamentos silvícolas –rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.– e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques). Ao ser esta liña de axudas unha medida con obxectivos ambientais e non produtivos, as actuacións elixibles que se detallan a continuación non conducirán a un aumento significativo no valor ou rendibilidade da explotación forestal:

1º. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa inferior aos 30 cm, considerando como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras, e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m.

2º. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 80 pés/ha.

SUPERFICIES FORESTAIS MÍNIMAS E MÁXIMAS PARA SOLICITAR AXUDAS, E SUPERFICIES EXCLUÍDAS

1. Superficie mínima:

a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor, as agrupacións legalmente constituídas e dos propietarios particulares de xeito individual, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas nun ou varios coutos redondos e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea.
b) Para propietarios particulares de xeito individual a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea por couto redondo.
c) No caso das agrupacións legalmente constituídas e Sofor, a superficie mínima de actuación será de 1 hectárea, distribuída en non máis de 3 coutos redondos por solicitude de axuda.

2. Superficie máxima:

Para todos os solicitantes, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 50 hectáreas nun ou varios coutos redondos, e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea excepto no caso das Sofor e das agrupacións legalmente constituídas.

3. En todos os casos, a continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

4. Superficies excluídas:

a) Excluiranse da superficie de actuación os encravados de extensión igual ou superior a 100 m2, pistas, estradas, etc.
b) En superficies en concentración parcelaria en execución soamente poden ser aprobadas as axudas solicitadas en superficies en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o servizo provincial responsable das infraestruturas agrarias emita un certificado en que indique o nome do propietario e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.
c) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa non se poderán beneficiar destas axudas.
d) No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

PRAZOS

1. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 27 de febreiro de 2020.

2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 17 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.