— Programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais. Consellería de Traballo e Benestar

Agaca
Por Agaca Xullo 28, 2015 13:47

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

ORDE do 3 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo, e se convocan para o ano 2015. Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 133, 16/07/2015)

- OBXECTO, FINALIDADE E PRINCIPIOS DE XESTIÓN

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento:

Programa I-Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
Programa II-Fomento do acceso á condición de persoa socia.
Programa III-Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
Programa IV-Promoción das cooperativas xuvenís.
 

- PROGRAMA 1: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais

Finalidade

Este programa de subvencións está dirixido a fomentar a incorporación de persoas desempregadas e de traballadores e traballadoras con carácter temporal como socios e socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido.

Beneficiarios

a) Persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego. Para os efectos desta subvención, o requisito de ser persoa desempregada e estar inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego deberá cumprirse na data de alta da persoa socia traballadora no correspondente réxime da Seguridade Social.

b) Persoas vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo temporal non superior a 24 meses, cunha vixencia mínima de 6 meses á data da súa incorporación.

Modalidades e contía das axudas

Ata 5.500 euros por cada persoa que se incorpore a xornada completa como socio ou socia traballador/a ou de traballo nunha cooperativa ou sociedade laboral.

INCREMENTO CONTÍA AXUDA COLECTIVO
1500 € (ata 7000€) Muller desempregada
2500 € (ata 8000€) Desempregados en situación de exclusión social (varias opcións)
4500 € (ata 10000€) Desempregados con minusvalía igual ou superior ao 33%.

NOTA: No caso de cooperativas xuvenís as devanditas contías incrementaranse nun 25%.

[ Subir ]


- PROGRAMA II: Fomento do acceso á condición de persoa socia

Finalidade

Este programa de subvencións está dirixido ao fomento do acceso á condición de socios e socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.

Beneficiarios/as

a) As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral.

b) As persoas socias a proba de cooperativas e as persoas asalariadas de cooperativas ou sociedades laborais que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo.

c) As persoas que figuren de alta no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de mellora de emprego e que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais.

d) As persoas que se incorporen como socias traballadoras ou de traballo, en virtude da transformación da empresa na cal presten servizos en cooperativa ou sociedade laboral.

e) As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias, con compromiso de exclusividade, para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen. NOTA:É O CASO DOS SOCIOS QUE SE INCORPORAN A UNHA COOPERATIVA AGRARIA

Modalidade e contías

1. A contía das subvencións para as beneficiarias previstas letras a), b), c) e d) poderá ascender ata 4.500 € para a incorporación a unha cooperativa e ata 3.000 € para a incorporación a unha sociedade laboral.

2. A contía das subvencións para as beneficiarias previstas letra e), poderá ascender ata 3.000 €. A contía máxima da axuda, no momento do seu pagamento, non poderá ser superior aos importes efectivamente desembolsados en concepto de achega ao capital social e cota de ingreso
NOTA:No caso de cooperativas xuvenís as devanditas contías incrementaranse nun 25 %.

[ Subir ]

 

- PROGRAMA III: Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.

Finalidade
1. Este programa de subvencións está dirixido a fomentar o cooperativismo e a economía social, concedendo subvencións que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais, tanto de nova creación como xerados polas cooperativas e sociedades laborais existentes.

Beneficiarios/as

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas neste programa as cooperativas e sociedades laborais que realicen proxectos empresariais subvencionables

2. Igualmente, poderán resultar beneficiarias as persoas físicas e empresas privadas que presten os servizos de asesoramento e acompañamento de proxectos recollidos no artigo 42 desta orde.

BENEFICIARIOS OBXECTO CONTÍA
 
— Constitución de cooperativas ou sociedades laborais.
 
— Transformación doutras fórmulas empresariais en cooperativas ou sociedades laborais.
 
— Lanzamento de novas áreas funcionais ou territoriais de actividade das cooperativas ou sociedades laborais existentes.
 
   Cursos de dirección e xestión empresarial, co fin de cubrir as necesidades de formación das persoas socias que se incorporen a cooperativas e sociedades laborais.    A contía desta axuda será de ata o 75% do custo dos servizos prestados ata o límite máximo: 20 euros por cada hora de duración efectiva multiplicados polo número de persoas socias participantes na actividade, cun límite máximo de 1.000 euros e max. 5.000 euros de subvención por cada beneficiaria
  Asesoramento e acompañamento:
— Actividades previas ao inicio da   actividade
— Orientación e acompañamento do proxecto
— Accións formativas dos promotores
— Elaboración do plan empresarial e o seu seguimento e asesoramento na execución.
 

 

Ata 10.500€, con límites en función do número de promotores e de horas dedicadas ás actividades.

  GASTOS DE CONSTITUCION:
 

  1. Elaboración de estudos de viabilidade, de organización, de comercialización, de auditorías e outros informes de natureza análoga
  2. Elaboración de estatutos, regulamento de réxime interno
  3. Formalización escritura pública e trámites de constitución.
 

 

  • Máximo conxunto de 5.000€, limites particulares:
  1. Ata o 75% custos (máximo 3.000€)
  2. Ata o 75% custos (máximo 2.000€)
  3. Ata o 75% custos (máximo 2.000€)

[ Subir ]


 
- PROGRAMA IV: Promoción das cooperativas xuvenís.

Dirixido a apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación de cooperativas xuvenís mediante subvencións directas para o financiamento dos custos derivados do lanzamento da actividade.

 

- PERIODO DE EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS

Con carácter xeral e para todos os programas o periodo de execución das accións abarcará dende o 1 de xaneiro de 2015 ata o 14 de noveembro de 2015.

Excepcionalmente, as accións realizadas entre o 8 de abril de 2014 e a data de publicación desta orde.

 

- PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de solicitude das axudas remata o 17 de agosto de 2015.

[ Subir ]