— Incentivos ao autoemprego. Sistema Nacional de Garantía Xuvenil 2015.

Agaca
Por Agaca Setembro 2, 2015 13:35

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

ORDE do 18 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos ao autoemprego colectivo das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. (DOG nº 163, 27/08/2015)

- OBXECTO E FINALIDADE

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2015 das subvencións para o fomento do autoemprego en cooperativas e sociedades laborais da mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

2. Establécense os seguintes programas de subvencións:
a) I: programa de incorporación a cooperativas e sociedades laborais
b) II: programa de fomento do emprendemento.

- I:PROGRAMA DE INCORPORACIÓN A COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS

Finalidade

Este programa de subvencións está dirixido a impulsar o autoemprego colectivo no marco dos programas de garantía xuvenil, fomentando a incorporación de mozas e mozos, como socios e socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, así como a apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación de cooperativas e sociedades laborais nos cales participen, mediante a concesión de incentivos e subvencións para o financiamento de determinados custos derivados do lanzamento da actividade.

Beneficiarias

Poderán acollerse ás subvencións previstas neste programa as sociedades cooperativas galegas inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia e as sociedades laborais inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais dependente da Xunta de Galicia e no Rexistro Mercantil que incorporen mozos ou mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil como persoas socias traballadoras ou de traballo.

Subvencións para incorporación

1. As cooperativas e sociedades laborais que incorporen mozas e mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia, poderán acollerse ás seguintes subvencións:

a) Pola incorporación como socios e socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido: 12.000 € por mozo ou moza incorporada, ata un máximo de 48.000 euros por entidade beneficiaria.

Se a cooperativa ou sociedade laboral é de nova creación, a contía da subvención por persoa incorporada será de 15.000 €, ata un máximo de 60.000 € por entidade beneficiaria.

b) Pola incorporación como socios e socias traballadores ou de traballo a proba: 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses, por mozo ou moza incorporada e ata un máximo de 14.400 euros por entidade beneficiaria.

2. A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, deberá comprender como mínimo o 50 % da xornada ordinaria calculada en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal, e a contía dos incentivos previstos no punto 1 reducirase ao 50 %.

Subvención para microcréditos

1. As cooperativas e sociedades laborais de nova creación que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido, a mozas e mozos integrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia poderán acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios ata o 100 % do seu custo, cun máximo de 2.000 € por mozo ou moza incorporada e de 6.000 euros por entidade beneficiaria.

- II:PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO

Finalidade

1. Este programa de subvencións está dirixido a fomentar o emprendemento colectivo xuvenil, mediante a concesión de subvencións aos mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

2. Mediante estas subvencións facilítase o acceso da xuventude á condición de persoas socias de cooperativas impulsando a posta en marcha da actividade emprendedora por conta propia.

Beneficiarias

1. Poderán acollerse ás subvencións previstas neste programa as mozas e mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen a unha cooperativa en condición de socios, con compromiso de exclusividade para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen.

NOTA: É O CASO DOS SOCIOS QUE SE INCORPORAN A UNHA COOPERATIVA AGRARIA

Subvención para acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas

Las personas a las que se refiere el artículo anterior podrán acceder a las subvenciones para el inicio de actividad, con una cuantía de 3.000 € por persona beneficiaria.

Subvención para microcréditos

1. As persoas ás que se refire o artigo 31 desta orde poderán acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios ata o 100 % do seu custo, cun máximo de 2.000 € por solicitude.

O prazo de solicitude das axudas remata o 30 de SETEMBRO de 2015

Para ver a orde completa poden facer clic na ligazón especificada e para descargar este documento poden facer clic no botón de “Documentación”, no panel da esquerda.