— Subvencións proxectos amparados por submedida 19.2. Tramitación anticipada pago

Agaca
Por Agaca Febreiro 14, 2017 12:39

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación”(formato PDF)e a Resolución completa na ligazón “Web”

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. AGADER, DOG Nº 20, 30/01/2017

OBXETO

  1. Esta resolución ten como obxecto convocar, mediante tramitación anticipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2017 e 2018, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local)

SOLICITUDES DE AXUDA

  1. As solicitudes de axuda dirixiranse, tendo en conta a localización do investimento, ao GDR que corresponda e presentaranse no formulario e coa documentación previstos no artigo 9 das bases reguladoras a que está sometida esta convocatoria.
  2. Segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, como mínimo, iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos.

INFORMACIÓN

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Agader http://agader.xunta.gal/gl

b) Na Guía de procedementos e servizos, na dirección: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos

c) No teléfono 981 54 73 62 (Agader).

d) De maneira presencial, na Agader (lugar de la Barcia 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 62.

e) Páxina web e sede dos GDR de Galicia. A relación dos GDR está publicada na antes mencionada páxina web da Agader.