Afrontar en positivo o proceso do envellecemento e promover o empoderamento feminino, actividades sociais, hoxe, en Horsal e Paco & Lola

Agaca
Por Agaca Novembro 13, 2017 14:18

ACTIVIDADES

Novembro 2017

REVISTA AGACA

  • 134_portada

    Cooperación Galega Nº 134 Agosto 2017

    Editorial. Constante ameaza de cambios: Brexit, PAC…
    A fondo. Aira lidera un lidera proxecto de integración
    Caderno Técnico. Prácticas e sistemas agroforestais: sustentabilidade futura

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá a cooperativa Horsal acolleu o programa “Coldar, coidarte” sobre envellecemento activo e atención a maiores.
  • A cooperativa Paco & Lola acollerá esta tarde unha das xornadas do programa ”Atrévete Contigo Mesma”, sobre empoderameento feminino.
  • Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” desenvolven as campañas.

20171113-COIDAR-COIDARTE-HORSAL

Unha vintena de persoas socias da cooperativa hortícola Horsal (Vilariño, Cambados) asistiu esta mañá ás charlas da iniciativa “Coidar, coidarte”, impartidas por profesionais da atención a persoas maiores e con dependencia. A cita tiña un dobre obxectivo: dunha banda mostrar os signos máis común do envellecemento e como combatelos mediante dieta, exercicio e mesmo hábitos de socialización.

Doutra banda, máis práctica, dar pautas para que quen estea a cargo unha persoa maior ou con dependencia poida mellorar a atención que lle proporciona, sen prexudicar o seu propio benestar facéndoo. Para iso, explicáronse varias técnicas para mover con facilidade a persoas con mobilidade reducida en tarefas cotiás.

Asistiron á xornada os presidentes de Horsal e AGACA, respectivamente Alberto Amil e José Montes, e Francisco de Borja Sabadell, director da oficina CaixaBank en Cambados.

Empoderamento

Atrévete Contigo Mesma” recalará esta tarde ás 16:00 en Meaño, nas instalacións da adega cooperativa Paco & Lola, onde está prevista a presenza de Susana López, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

A iniciativa busca dar visibilidade ás capacidades de liderado das socias das cooperativas, a miúdo subestimadas por elas mesmas, para fomentar que máis mulleres se incorporen activamente as actividades e os órganos de decisión das cooperativas. Ruth Rodríguez, técnica de AGACA e Axente de igualdade, guiará esta parte da actividade.

Ademais, Loli Couso, técnica de AGACA e coach, empregará técnicas de coaching, para achar situacións que, segundo as socias das cooperativas, impiden a súa maior participación na vida activa das entidades e tamén xeitos en que resolvelas.

Compromiso social

Atrévete Contigo Mesma” e “Coidar, coidarte” forman parte da colaboración entre AGACA e a Fundación Obra Social “la Caixa” para desenvolver un plan de accións sociais que inclúe tamén iniciativas para a incorporación de mozas á actividade agraria e o fomento do consumo diario de almorzos sans na infancia.

13/11/2017

Agaca
Por Agaca Novembro 13, 2017 14:18
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*