ACACA expón, en Santander, boas prácticas para a mellora da eficiencia enerxética en fábricas de penso

Agaca
Por Agaca Decembro 10, 2015 17:29

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Santander acolleu, 4 de decembro, a “Xornada para a diseminación dos resultados do proxecto europeo Tesla” (Transfering Energy Save Laid on Agroindustry).
  • O obxectivo deste proxecto, liderado por Cooperativas Agro-Alimentarias de España, é reducir os consumos e os custos enerxéticos en cooperativas europeas do sector agroalimentario mediante a aplicación de boas prácticas de eficiencia enerxética mediante alianza entre cooperativas españolas, francesas, italianas e portuguesas, universidades e centros tecnolóxicos.

wbTESLA_MarioO proxecto, que comezaba en 2013, finalizará o próximo mes de marzo. Durante 36 meses, os técnicos das distintas entidades participantes terían que realizar 120 auditorías enerxéticas como mostra representativa das 12.000 industrias cooperativas de adegas, muíños de aceite, centrais hortofrutícolas e fábricas de penso.

O técnico da AGACA, Mario Fernández, participará como relatora na Xornada, trasladando as conclusións obtidas tras a realización das auditorías enerxéticas e implantando propostas de mellora nas fábricas de pensos de Galicia.

Estas actividades permitiron desenvolver ferramentas e metodoloxías para facilitar a avaliación da eficiencia enerxética e do impacto das propostas de mellora incluíndo un software gratuíto desde a web do proxecto: www.teslaproject.org

Agaca
Por Agaca Decembro 10, 2015 17:29
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*