APRAZADO – Abre a matrícula para o Obradoiro sobre Comunidades de Montes Veciñais en Vilagarcía de Arousa

Agaca
Por Agaca Marzo 10, 2020 10:12

APRAZADO – Abre a matrícula para o  Obradoiro sobre Comunidades de Montes Veciñais en Vilagarcía de Arousa

  • APRAZADO ATA NOVO AVISO o obradoiro que tiña previsto comezar o 30 de marzo en Vilagarcía de Arousa: “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. Dura cinco días e é gratuíto.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.
  • As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou en www.agaca.coop.

O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”  diríxese a persoas interesadas na xestión e aproveitamento destas superficies.

Entre os seus obxectivos están impulsar o emprendemento e espertar o interese das persoas propietarias de terras en activalas cara a obter un rendemento produtivo. Ademais, trataranse xeitos de favorecer a creación de emprego, especialmente xuvenil, favorecendo a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas .

Desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalizade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

AGACA organiza esta actividade que se enmarca na programación 2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

 

Editado o 23/03/2020

Agaca
Por Agaca Marzo 10, 2020 10:12
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*