Abre a matrícula para o Obradoiro sobre Comunidades de Montes Veciñais en Valdeorras
Artigos relacionados
- O día 8 de xullo comeza en O Barco de Valdeorras o obradoiro de “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. Dura cinco días e é gratuíto.
- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.
- As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou rellenando este formulario.
O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” está orientado a persoas interesadas na xestión destas superficies. Ten como obxectivos impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais, ademais de favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores e espertar o interese das persoas propietarias de terras da contorna en activalas cara a un rendemento produtivo.
Desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalizade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Podes ser o primeiro en comentar esta entrada
Escriba un comentario