Abre a matrícula para o Obradoiro sobre Comunidades de Montes Veciñais en Culleredo

Agaca
Por Agaca Febreiro 17, 2020 12:47

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O día 9 de marzo comeza en Celas (Culleredo) o obradoiro de “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. Dura cinco días e é gratuíto.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.

O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” está orientado a persoas interesadas na xestión destas superficies. Ten como obxectivos impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais, ademais de favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas e espertar o interese das persoas propietarias de terras da contorna en activalas cara a un rendemento produtivo.

Desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2019-2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

As persoas interesadas en asistir poden chamar ao 981 58 47 83 ou inscribirse neste formulario.

LOGOS-EUSUMO-2020

17/02/2020

Agaca
Por Agaca Febreiro 17, 2020 12:47
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*