Abre a matrícula para o Obradoiro sobre Comunidades de Montes Veciñais en Beariz

Agaca
Por Agaca Febreiro 8, 2019 13:07

ACTIVIDADES

Abril 2019

REVISTA AGACA

  • 142 portada

    Cooperación Galega Nº 142 Marzo 2019

    Editorial: Relevo xeracional e cooperativas
    A fondo: Rexuvenecer o rural é cuestión de tempo
    Caderno Técnico: A fertilización nas prácticas agroforestais

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Abre a matrícula para o Obradoiro sobre Comunidades de Montes Veciñais en Beariz

  • O día 25 de febreiro comeza en Beariz o obradoiro de “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. Dura cinco días e é gratuíto.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.

 O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” está orientado a persoas involucradas ou interesadas na xestión destas superficies. Pretende amosar vías de impulso da rendibilidade dos montes baixo o réxime de xestión cooperativizada, favorecendo o emprendemento de actividades económicas e a xeración de emprego, especialmente entre a xuventude.

O obradoiro gratuíto desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalizade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou no formulario de inscrición.

 “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” – BEARIZ (Ourense)

Lugar: Salón de Actos do Concello de Beariz, r/San Pedro, 2. Beariz.

Datas e horarios:

-Do luns, 25 de febreiro o ao venres, 1 de marzo

– De 17:00 a 20:00 h.EUSUMO

08/02/2019

Agaca
Por Agaca Febreiro 8, 2019 13:07
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*