Aberta a inscrición ao Workshop de EuroDairy sobre sector lácteo o 26 de xuño en Santiago

Agaca
Por Agaca Xuño 21, 2018 09:33

ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

wb_banner_eurodairy_300x75

♦ Enmarcado no proxecto europeo EuroDairy, este Workshop diríxese a profesionais da produción láctea e aborda dende o manexo de rabaños ata perspectivas de mercado. A asistencia é gratuíta, inscribindose no 679 46 50 62 (AGACA – María Rey) ata o 25 de xuño. 

♦ Terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela (Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, s/n), de 09:30 a 13:00h.

 

 

9.30 – 10.00 Recepción de asistentes e café

10.00 Introdución e obxectivos da xornada
María Rey; AGACA 5´

— Características dos sistemas de produción de leite e a súa influencia sobre o valor do leite en Europa.
Paul Swagemaker; Universidade de Vigo (15´+5´)

— Parámetros de futuro para o pago por calidade en Galicia
César Resch; AGACAL (15´+5´)

— Resposta de gandeirías ao mercado
Alberto Menghi; Fondazione C.R.P.A. Studi Ricerche; (15´+5´)

— Capacidade de manexo na granxa ante as variacións do mercado
Roger Hildreth; Gandeiro do Reino Unido (20´+5´)

11.30 Sesión interactiva cos presentes

— Qué sinais está o mercado a lanzar aos produtores de leite (15´)

— Cales son os factores que probablemente van influír no xeito no que manexo o meu rabaño de leite (15´)

— Perigos e oportunidades que albisco como produtor de leite (15´)

— Solucións prácticas que serían de axuda (15´)

12.30 Consenso sobre as deliberacións feitas

12. 50 Conclusións

13.00 Peche da xornada

Acerca de EuroDairy

EuroDairy é unha rede internacional para aumentar a sustentabilidade económica, social e ambiental da produción leiteira en Europa, nun momento de desafío sen precedentes para o sector. Financiado polo programa Horizonte 2020 da UE, EuroDairy fomentará o desenvolvemento e a difusión de innovacións baseadas na práctica na produción leiteira, centrándose en cuestións clave de sustentabilidade tras a supresión das cotas lácteas: resiliencia socioeconómica, eficiencia dos recursos, coidado dos animais e integración da produción láctea con obxectivos de biodiversidade.

EuroDairy desenvólvese en14 países, dende Irlanda ata Polonia, e dende Suecia ata Italia. Abarca o 40% dos produtores leiteiros, o 45% das vacas e o 60% da produción de leite europea. O proxecto adopta o modelo interactivo de European Innovation Partnership, colocando aos agricultores no centro da innovación baseada na práctica, desenvolvendo novos coñecemento científicos e adaptando coñecementos existentes para producir solucións implementables, que logo poden ser compartidas a través da rede.

Agaca
Por Agaca Xuño 21, 2018 09:33
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*