Abanca desenvolve este venres unha xornada técnica de vendima con Rías Baixas

Agaca
Por Agaca Xullo 28, 2016 15:38

ACTIVIDADES

Xaneiro 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

COMUNICADO DE PRENSA

  • A sesión desenvolverase en Auditorio de Cambados ás 11.00 horas e a inscrición está aberta a todos os viticultores

Abanca organiza, en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, a “Xornada Técnica Vendima 2016”. A cita desenvolverase este venres 29 de xullo no auditorio de Cambados a partir das 11.00 horas. A sesión diríxese a viticultores e a inscrición é totalmente gratuíta a través do teléfono 986 43 56 26.

A “Xornada Técnica Vendima 2016” centrarase en dous temas de especial importancia para estes profesionais. En primeiro lugar, falarase sobre as implicacións sobre a Lei para mellora do funcionamento da Cadea Alimentaria. Dita lexislación busca garantir que as adegas abonen o custo da uva aos viticultores nun prazo máximo de 30 días desde a validación por parte do Consello Regulador.

En segundo lugar, falarase sobre a Obrigatoriedade da Inspección Técnica dos Equipos de Aplicación de Produtos Fitosanitarios, beneficiando así a seguridade e saúde dos traballadores, a efectividade e economía dos tratamentos fitosanitarios e o respecto ao medio ambiente. Concluirá a sesión técnica cunha quenda de rogos e preguntas para aclarar calquera posible dúbida dos asistentes.

Inscricións gratuítas

Para asistir á “Xornada Técnica Vendima 2016”, dirixida a viticultores e de carácter gratuíto, é necesario confirmar asistencia a través do teléfono 986 43 56 26.

Agaca
Por Agaca Xullo 28, 2016 15:38
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*