A Xuntanza acolleu unha xornada sobre o benestar de maiores e coidadores

Agaca
Por Agaca Abril 12, 2018 13:06

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Onte á tarde no local social de A Xuntanza tivo lugar a xornada “Coidar, coidarte”, acerca da atención a persoas maiores no fogar.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiu a xornada á que asistiu unha vintena de persoas.

20180411_Coidar_xuntanza_castro-rei_wb

A actividade “Coidar, coidarte” organizada pola Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza, que se desenvolveu onte en Ponte de Outeiro, comezou cunha exposición sobre a situación das persoas maiores do medio rural a cargo de Ruth Rodríguez, técnica de AGACA.

A continuación, Silvia Fondo, profesional da atención a persoas maiores e con dependencia, explicou modos de mitigar a deterioración asociada ao envellecemento, a nivel físico, psicolóxico e social, para que tanto as persoas maiores como as que estean encargadas da súa atención gocen dun maior benestar no seu día a día.

Ademais, con axuda do público, conformado por unha vintena de persoas, demostráronse técnicas para a correcta mobilización e coidado no fogar de persoas maiores ou con dependencia.

Compromiso social

Unha característica de Galicia é a avanzada idade da súa poboación: segundo datos recompilados por AGACA, nos últimos anos, a porcentaxe de cooperativistas do sector agroalimentarios maiores de 55 anos oscila entre o 20 e o 40% dependendo do subsector.

Ante esta realidade, AGACA imparte a iniciativa “Coidar, coidarte” dende 2015, co impulso tamén de Obra Social “la Caixa”, como modo de dirixirse tanto ás necesidades dese tramo de poboación como ás das persoas que teñen a alguén de avanzada idade ao seu cargo.

12/04/2018

 

Agaca
Por Agaca Abril 12, 2018 13:06
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*