A xornada “Incorpórate!” mostrou a forza da xuventude no medio rural agrario

Agaca
Por Agaca Febreiro 23, 2018 17:57
  • A xornada “Incorpórate!” congregou esta mañá en Compostela a un cento de mozos e mozas que contemplan un futuro profesional ligado ao medio rural.
  • Cinco integrantes da Comisión Xuventude Cooperativista Emprendedora, órgano creado dende AGACA co fin de dar voz e visibilidade á realidade dos mozos e mozas do rural galego, relataron a súa experiencia no rural.
  • O actor, director e promotor do rural, Ruben Riós, enfatizou a necesidade de sentirnos orgullosos de formar parte da idiosincrasia galega.

20180223_incorporate_COMISIONA Xornada “Incorpórate!” organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” organizouse por segundo ano consecutivo con gran éxito de asistencia, principalmente mozos e mozas que aspiran a desenvolverse profesionalmente no agro.

A directora xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal (Ministerio de Agricultura), Esperanza Orellana, presentou o “Paquete Xoven” de medidas, que entre outras opcións destaca diversas melloras que a PAC presenta para favorecer a este colectivo. Orellana recalcou: “Non queremos incorporar xente moza para que vivan na miseria. Queremos que teñan un traballo rendible e retribuír cada día o seu traballo”.

En canto a experiencias reais, Rubén Riós deu a coñecer a súa empresa Castañam, que comercializa produtos derivados da castaña, pero centrou a súa exposición no valor que debe outorgarse e, por tanto, transmitirse sobre o medio rural galego: “Os Simpson que fan? Transmiten valores, costumes, o que comen… En Galicia temos unha idiosincrasia particular pero fáltanos o paso de transmitila. Estou seguro de que xornadas coma a de hoxe nos incentivan e plataformas como Internet nos motivan; tamén hai que levar ás aulas o que é o medio rural”.
O fío central da xornada veu da man dos integrantes da Comisión Xuventude Cooperativista Emprendedora, que aproveitaron a presenza da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para facerlle entrega dun documento coas necesidades dos mozos e mozas do sector.

Tres gandeiros, Manuel Iglesias, Avelino Souto e Manuel Iglesias, un agricultor, Carlos Lede, e un apicultor, Fernando Fernández, como representantes da Comisión destacaron que unha formación continuada é fundamental para ter éxito, así como a necesidade de dar a coñecer a realidade do traballo e a vida no mundo rural para favorecer a incorporación de máis persoas mozas.

Cecilia Vázquez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta participou na xornada, xunto con Emilio Barreiro, director territorial de CaixaBank en Galicia, e José Montes, presidente de AGACA.

“Incorpórate!” forma parte dun plan global de colaboración entre AGACA e Obra Social “la Caixa” iniciado en 2015, que inclúe accións de respaldo ao empoderamento feminino, á atención a persoas maiores e ao fomento da alimentación sa na infancia. Globalmente, téñense realizado arredor de 90 accións, con máis de 3.500 participantes.

Coñece aos membros da Comisión Xuventude Cooperativista Emprendedora:

  • Avelino Souto, gandeiro:
  • Carlos Lede, horticultor, viticultor e granxeiro:
  • Darío Lema, gandeiro:
  • Fernando Fernández, apicultor:
  • Manuel Iglesias, gandeiro:

23/02/2018

Agaca
Por Agaca Febreiro 23, 2018 17:57
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*