A Xornada de AGACA sobre creación de riqueza no monte veciñal reuniu a máis de cen comuneiros

Agaca
Por Agaca Setembro 29, 2015 13:48

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Claves

  • En Galicia existen 2.835 MVMC, que controlan preto dun terzo dos 2 millóns de has de monte
  • A Xornada reuniu a máis de 100 profesionais da xestión de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC)

Artigos relacionados

 A Xornada de AGACA sobre creación de riqueza no monte veciñal reuniu a máis de cen comuneiros

  • O 26 de setembro tivo lugar a Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, organizada por AGACA e Rede Eusumo.
  • Expertos en rendibilidade e lexislación forestal, como Fernando Alañón, maxistrado do Tribunal Superior de Galicia, explicaron cómo identificar e potenciar os recursos dos montes en man común para os veciños. O Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, clausurou a Xornada.

A Xornada reuniu a máis de 100 profesionais da xestión de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC). Abordou aspectos administrativos e lexislativos con exemplos concretos de aproveitamento dos terreos forestais en man común. O Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, clausurou esta xornada, que contou co apoio da Consellería do Medio Rural e do Mar para iniciativas de impulso económico do medio rural.

En Galicia existen 2.835 MVMC, que controlan preto dun terzo dos 2 millóns de has de monte dedicados maioritariamente a madeira e parques eólicos. A Xornada pretende visualizar vías complementarias, aínda infravaloradas, para potenciar a rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada. 

Fernando Alañón inaugurarou a Xornada explicando a Lei 7/2012 de Montes de Galicia, xunto con Manuel Eirín, director xerente da empresa Gaélica Solar, que afondou no aproveitamento sostible do monte. Calixto Escariz, experto e asesor de comunidades de montes, amosou alternativas xurídicas e organizativas dos recursos naturais e ociosos das comunidades de montes. 

Higinio Mougán, director-xerente de AGACA, incidiu nos aspectos de xestión cooperativa. 

Casos de éxito 

A Xornada amosaou as experiencias da Comunidade de Montes de Cabral (Vigo), coas trufas; dos Montes Comunais de Carballo, co porco celta; da cooperativa Amarelante, coa castaña, e de Manuel Curras, cos arandos. Tomás Sancho, concelleiro e dinamizador rural de Beariz, contará o caso de éxito do municipio. 

A iniciativa, con financiamento do Fondo Social Europeo, está impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social. 

Agaca
Por Agaca Setembro 29, 2015 13:48
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*