A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes presenta o Premio ION-SGPF

Agaca
Por Agaca Outubro 24, 2018 11:02

ACTIVIDADES

Novembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

  • Con motivo da V Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes presentarase a primeira edición do Premio ION-SGPF, cunha dotación de 3.000 €.

Os vindeiros 9 e 10 de novembro a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) organiza a súa V Reunión de Outono titulada “Retos e Oportunidades da gandería de montaña”. A Reunión terá lugar no Centro sociocultural de O Cádavo, no Concello de Baleira (Lugo).

O obxectivo destas xornadas é achegar a realidade das ganderías de vacún de carne da zona e presentar novidades sobre o percorrido da nova PAC, así como revisar as ferramentas de manexo deste tipo de gando.

Así mesmo, a empresa de Lugo ION e a SGPF presentarán a convocatoria do PREMIO ION-SGPF e as súas bases. Premiarase o mellor peche gandeiro electrificado conforme ás bases, e a gandería seleccionada recibirá un premio de 3.000 €.

A xornada do sábado 10 consistirá en visitas a ganderías da zona e, como remate da Reunión, nun xantar no que se recoñecerán os novos socios de honra da SGPF.

A inscrición permanece aberta ata o 6 de novembro, a través de:

sgpf.galicia@gmail.com

686620154 e 619032791

20181024_SGPF_reunion-outono-premios-ion-cartel-wb

24/10/2018

Agaca
Por Agaca Outubro 24, 2018 11:02
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*