A Inlac promove o programa“Lácteos di que si”

Agaca
Por Agaca Outubro 2, 2018 10:25

ACTIVIDADES

Outubro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • “Lácteos di que si” é o primeiro programa da Unión Europea para fomentar en España o consumo de leite e produtos lácteos dentro dun marco de prácticas dietéticas axeitadas
  • A Organización Interprofesional Láctea (Inlac) promove accións informativas para reforzar o programa, con resultados positivos.

inlac-lacteos-di-que-si inlac-lacteos-di-que-si-prensa

A Organizacón Interprofesional Láctea Inlac anunciou algúns resultados das accións que desempeña para promover o consumo de productos lácteos, dentro do marco do programa “Lácteos di que si”. O foco da Inlac céntrase en tres puntos: unha vida activa, unha dieta sa e equilibrada e o consumo de, polo menos, tres lácteos ao día.

Entre as accións, a Inlac creou en xuño de 2017 unha páxina web (https://www.lacteosdiquesi.eu/ ) que, dende entón, logrou os seguintes resultados: 125.697 usuarios (7.856 de media mensual), 177.087 sesións (11.067 de media mensual) e 371.911 páxinas vistas (23.244 de media mensual).

Dita web conta con diversas seccións, entre as que se atopan videoconsellos realizados polo comité científico da Inlac, asdemáis dunha sección “Sabias que”, receitas elaboradas con leite ou manualidades.

En canto á presenza noutros medios de comunicación, durante os meses de xuño e xullo de 2018 desenvolveuse unha campaña gráfica en 18 revistas, elixidas tanto por afinidade do público obxectivo como pola posición das publicacións nos ránkings de audiencias (semanais, familia, deportes, cociña e saúde).

02/10/2018

Agaca
Por Agaca Outubro 2, 2018 10:25
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*