A Fundación Juana de Vega presenta a VIII edición do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias

Agaca
Por Agaca Outubro 21, 2019 12:20

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Fundación Juana de Vega presenta unha nova edición do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias.

20191021_VIII_programa-empresas-agroal-juana-vega

O obxectivo desta iniciativa é ofrecer novas oportunidades de impulso para as empresas nos campos da industria agroalimentaria, forestal, marisqueira e pesqueira ou outros sectores relacionados co anterior, que desenvolvan a súa actividade en Galicia.

Este ano, co obxectivo de adaptarse ás novas necesidades e demandas do sector, ampliouse o programa acollendo ademais de emprendedores, a empresas xa en funcionamento que queiran poñer en marcha novos proxectos, estruturando o programa en 3 modalidades:

  • EMPRENDEMENTO: axuda aos emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais.
  • CONSOLIDACIÓN: axuda ás empresas existentes  mellorar o seu funcionamento.
  • CRECEMENTO: axuda ás empresas que xa están en funcionamento a xerar novas liñas de negocio.

Os emprendedores e empresas interesadas terán ata o 30 de novembro para presentar as súas propostas. A inscrición para participar no proceso de selección está dispoñible na web: programa.juanadevega.org.

Pode consultar un folleto informativo en PDF aquí.

 

21/10/2019

Agaca
Por Agaca Outubro 21, 2019 12:20
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*