A Extensión de Norma para a Interprofesional do Viño, máis preto da súa aprobación

Agaca
Por Agaca Maio 26, 2016 14:01
COMUNICADO DE PRENSA: OIVE

A Extensión de Norma para a Interprofesional do Viño, máis preto da súa aprobación

  • Onte, o Pleno do Consello Xeral de Organizacións Interprofesionais Agroalimentarias emitiu informe favorable por unanimidade sobre a Extensión de norma proposta pola Organización Interprofesional do Viño de España, OIVE.

O presidente da Interprofesional, Ángel Villafranca declarou a súa satisfacción porque “está máis preto a aprobación da Extensión de norma que permitirá a posta en marcha da OIVE coa contratación do seu equipo directivo e desenvolver as accións de promoción e información sobre o consumo responsable, así como estudos sobre investigación, desenvolvemento e innovación sectorial que ten prevista levar a cabo a OIVE”. Ademais destas actuacións tamén se contempla a implantación de boas prácticas de comunicación comercial entre os operadores e accións para a mellora da cadea de valor vitivinícola.

A extensión de norma, unha vez sexa publicada por Orde Ministerial, comezará a partir do 1 de agosto de 2016, coincidindo co comezo da próxima campaña vitivinícola, e estará vixente 3 campañas, ata o 31 de xullo 2019.

Respecto da recadación, está previsto que cotice todo o viño comercializado (granel, envasado, mercado doméstico, importacións e exportacións) e todos os operadores, para o que se determinaron dúas cotas diferenciadas: unha para o granel de 0,065 €/Hl e outra para o viño envasado de 0,23 €/Hl. O presidente da OIVE sinalou que a Interprofesional será transparente na posta en marcha e xestión da Extensión de norma.

Villafranca lembrou que “España é o país con maior superficie mundial de viñedo plantada 951.200 Ha e o terceiro produtor mundial de viño, o 13% do total por detrás de Francia e Italia. Con todo, o consumo nacional reduciuse á metade nos últimos 20 anos, sendo duns 10 millóns de Hl, cando producimos na última campaña 42.600.000 Hl., por iso é fundamental recuperar o consumo interno.”

Por último, Ángel Villafranca agradeceu ás organizacións que forman parte da OIVE, ASAJA, COAG, UPA, Cooperativas Agro-alimentarias de España, Federación Española do Viño e a Asociación Empresarial de Viños de España, o intenso traballo e dedicación para lograr que a Extensión de norma do viño estea máis preto da súa posta en marcha.

26/05/216
Agaca
Por Agaca Maio 26, 2016 14:01
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*