A entrada en vigor do etiquetado de orixe permitirá aos consumidores elixir produtos que xeren valor nos nosos pobos e eviten o seu despoboamento

Agaca
Por Agaca Xaneiro 18, 2019 15:17

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

A entrada en vigor do etiquetado de orixe permitirá aos consumidores elixir produtos que xeren valor nos nosos pobos e eviten o seu despoboamento

NOTA DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

  • O próximo 22 de xaneiro entra en vigor o Real Decreto 1181/2018 relativo á indicación da orixe do leite utilizado como ingrediente na etiquetaxe do leite e os produtos lácteos.

CAE LogoCooperativas Agro-alimentarias de España xunto con outras organizacións de gandeiras e asociacións de consumidores reclaman dende hai tempo que a orixe se especifique con claridade no leite e noutros produtos lácteos, coma os queixos, os iogures e a manteiga, co obxectivo que os consumidores no momento de compra puidan dispoñer desta información e facer unha elección máis acorde ás súas preferencias.

Finalmente, o próximo 22 de xaneiro, todo o leite que se envase a partir desa data e que fose muxido e envasado en España, do mesmo xeito que os produtos lácteos que se elaboren con leite muxido en España, terán que especificar con claridade “Orixe: España”.

O consumidor mostra cada vez unha maior preocupación pola sustentabilidade do noso hábitat rural e do medio natural que o rodea. Neste sentido, está amplamente recoñecido o papel de dinamizadora social, ambiental e económico que xoga a produción de leite nalgúns pobos, xa que ademais da propia riqueza que xera permite desenvolver outras actividades complementarias ligadas á contorna na que se asenta.

Cooperativas Agro-alimentarias de España espera que os consumidores aposten por aqueles produtos que xeren valor no noso territorio e permitan que futuras xeracións de gandeiras e gandeiros poidan seguir coidando a nosa contorna rural.

Aínda que esta normativa ten carácter transitorio, establecido en dous anos, espérase que, pasado este prazo e en base aos resultados obtidos, se implemente definitivamente e mesmo se avance nalgúns aspectos para dotar ao consumidor de información máis clara e precisa.

18/01/2019

Agaca
Por Agaca Xaneiro 18, 2019 15:17
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*