A diferenza entre elaborar un bo silo de herba e un malo pode supoñer o 50% do custo de alimentación dunha explotación de leite de todo un ano

Agaca
Por Agaca Xaneiro 31, 2017 08:56

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

 

NOTA DE PRENSA: Delagro S. Coop.

  • Tras o éxito da primeira xornada técnica organizada por Delagro na feira ABANCA  CIMAG -GandAgro 2017, o xoves 26 de xaneiro, sobre aplicación de fertilizantes e a pegada de carbono nas forraxes, a seguinte Xornada, celebrada ao día seguinte, venres 27 de xaneiro, conseguiu acaparar a atención dos asistentes pola relevancia dos temas expostos e a gran capacidade divulgativa dos relatores.

María Hermida, Xefa de Laboratorio do Laboratorio de Mouriscade, presentou datos sobre a evolución das analíticas de forraxes nas explotacións gandeiras ao longo dos últimos 20 anos. Resulta significativo o incremento de mostras analizadas, con 2.330 (de forraxes, pensos e materias primas), en 1995, chegando a 67.600 mostras de ensilados de millo e pradería en 2016. A pesar de que o Laboratorio recibe mostras doutras Comunidades Autónomas, o 99% proceden de Galicia.

A comparativa arroxa unha mellora en canto á conservación dos ensilados, aínda que unha significativa tendencia á baixada no aspecto nutricional dos silos, o que vai directamente ligado aos custos: “Talvez non somos conscientes de que se temos unha boa forraxe teremos melloras nos custos”, apuntaba Hermida.

A xefa do Laboratorio de Mouriscade insistiu na importancia de alcanzar un incremento na proteína para obter unha boa forraxe e de realizar bos cortes sobre o silo para poder lograr analíticas adecuadas.

20170127_mario_garcia_delagro_gandagro Mario García, director técnico de 3F Technology, profundou no manexo dos ensilados e a aplicación dos conservantes. De acordo con Hermida en canto á escasa preocupación que se detecta á hora de preparar os silos de herba e a necesidade de investir esta tendencia, o representante de 3F Technology insistiu na influencia directa que exerce a calidade da forraxe na produción e calidade do leite, a saúde dos animais e das persoas e, na rendibilidade das explotacións.

Segundo García: “Elaborar un silo malo, con máis soia, máis graxa e máis de 2,5 kg de concentrado por vaca pode supoñer unha diferenza de 0,5 euros por vaca ao día; nunha explotación de 100 vacas supoñería 18.250 euros ao ano”.

Coñecer o chan; a altura do corte; realizar un bo pisado, deixando capas moi finas, duns 5 cm; eliminar ao máximo posible o osíxeno, e lograr un pH inferior a 4.0 son algunhas das recomendacións apuntadas.

Para lograr estes baremos, “é fundamental controlar a fermentación”, indicou García, quen insistiu na importancia de utilizar os produtos químicos e biolóxicos específicos, “que permiten alcanzar as medidas adecuadas para lograr o ensilado correcto”.

31/01/2017

Agaca
Por Agaca Xaneiro 31, 2017 08:56
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*