A cooperativa de Castelló Sant Josep de Burriana visita cooperativas galegas

Agaca
Por Agaca Xullo 12, 2016 11:22

  • Membros do Consello Reitor da Cooperativa Sant Josep Burriana (Castelló) reuníronse onte con representantes de Delagro en Santiago de Compostela.

20160707_burriana_delagro_visita_wb A cooperativa castellonenca, inicialmente centrada no cultivo de cítricos, é unha das integrantes do grupo Intercoop, presente en toda a comunidade Valenciana. Comparten con Delagro a súa estrutura de cooperativa de segundo grao e a súa aposta pola diversificación: ambas as sociedades ofrecen actualmente servizos de seguros, tendas especializadas e puntos de venda con gasolineira entre outros.

Os representantes de Burriana atópanse en Galicia visitando varias cooperativas da Comunidade, para coñecer a situación do sector agroalimentario galego e atopar opcións de proxectos colaborativos.

Durante a reunión con Delagro, os integrantes de ambas as dúas entidades compartiron impresións acerca da situación actual do sector primario. Aínda que é certo que pola súa localización xeográfica a actividade agrícola de base de ambas as entidades é diferente, son moitas as similitudes e máis as inquietudes comúns, polo que se están valorando varios proxectos de colaboración
.

12/07/2016

Fonte: Delagro S. Coop.
Agaca
Por Agaca Xullo 12, 2016 11:22
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*