A Comisión Europea aproba o rexistro da Indicación Xeográfica Protexida de viños “Ribeiras do Morrazo”

Agaca
Por Agaca Xaneiro 11, 2018 13:25

ACTIVIDADES

Abril 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Nota de prensa: Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

  • A solicitude de rexistro desta IXP, superou o exame da Comisión Europea e foi publicada no Diario Oficial da UE o pasado 5 de agosto, para a súa fase de oposición internacional cun prazo de dous meses, sen que se produciu ningunha observación. 
  • Esta IXP, que fai o número 42 de viños españois con esta figura de calidade diferenciada, acolle viños tintos e brancos secos, elaborados estes últimos exclusivamente con uvas das variedades brancas autóctonas

Logo-igp-ribeiras-do-morrazo-567x567

A Comisión Europea aprobou o rexistro da Indicación Xeográfica Protexida de viños “Ribeira do Morrazo”, situada na Comunidade Autónoma de Galicia, tal como se recolle no Regulamento que se publicou o 10 de decembro no Diario Oficial da Unión Europea.

A solicitude de rexistro desta IXP, tras superar o exame da Comisión Europea, foi publicada no Diario Oficial da UE o pasado 5 de agosto, sen que se producise ningunha oposición no prazo establecido de dous meses, o que permitiu o seu rexistro definitivo na UE.

Esta IXP, que fai o número 42 de viños españois con esta figura de calidade, acolle viños tintos e brancos secos, elaborados estes últimos exclusivamente con uvas das variedades brancas autóctonas: Albariño, Caíño Branco, Godello, Loureira, Treixadura, Branco lexítimo e Torrontés, mentres que os viños tintos se elaboran coas variedades autorizadas: Brancellao, Caíño Tinto, Pedral, Espadeiro, Loureiro Tinto, Mencía e Sousón.

A zona xeográfica delimitada esténdese, polos termos municipais de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa, da provincia de Pontevedra.

Sitúase pois, en zona costeira atlántica (Península do Morrazo e parte das Rías de Pontevedra e Vigo), en terreos de ladeira, con suaves pendentes e orientacións protexidas polos relevos da dorsal do Morrazo e doutras serras ao norte, sur e leste, que exercen un importante efecto barreira sobre a penetración de ventos oceánicos. Son, por tanto, viñas con boa exposición, con chans permeables, que inclúen condicións singulares, como os chans de areais e dunas ou os de ladeiras de roca granítica, característicos desta área xeográfica.

Os sistemas de condución e poda son os tradicionais de cepas con altas densidades para así expoñerse mellor a as influencias marítimas. Todas estas condicións confiren a estes viños equilibrio e harmonía, excelentes expresións aromáticas e boas características de conservación. O viñedo cultívase na devandita zona en réxime de minifundio, sendo a superficie media da explotación vitícola de 0,1 hectáreas. As adegas elaboradoras son igualmente de reducida dimensión.

Constitúese así na primeira figura de calidade diferenciada de viños españois aprobada pola UE, no marco do novo sistema de rexistro para as Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) e as Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de viños baixo a competencia da Comisión Europea, que entrou en vigor no ano 2012.

11/01/2017

 

Agaca
Por Agaca Xaneiro 11, 2018 13:25
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*