A Comisión Europea activa medidas excepcionais para apoiar á agricultura en crise

Agaca
Por Agaca Marzo 16, 2016 10:13

  • A Comisión Europea anunciou o 14 de marzo a posta en marcha dun paquete excepcional de medidas que usa todas as ferramentas dispoñibles na PAC para apoiar a agricultores europeos e salvagardar o mercado interno europeo.

Entre as medidas atópase a activación, por primeira vez, do artigo 222 da Organización Común de Mercados Agrícolas que permite temporalmente a posibilidade de que organizacións de produtores, organizacións interprofesionais e cooperativas do sector lácteo poidan establecer acordos voluntarios sobre a oferta e a demanda.

Ademais, aumentarán temporalmente as axudas estatais, duplicaranse as cantidades intervención para leite desnatado en po e manteiga, reforzarase ao produtor na cadea de valor.

Con respecto a outros sectores, darase apoio ao sector porcino, poñerase en marcha un Oservatorio do Mercado da Carne e, en relación ao mercado internacional, o Comisario de Agricultura Phill Hogan promoverá os intereses da agricultura nas negociacións do TTIP e Mercosur. Tamén se destinarán 110 millóns de euros en fondos a campañas de promoción para achar novos mercados.

Cooperativas Agro-alimentarias de España redactou un breve informe especificando as medidas máis importantes, que pode consultarse en formato PDF premendo “Documentación 1”.

Agaca
Por Agaca Marzo 16, 2016 10:13
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*