A Agraria Comarcal de Ordes acolleu unha xornada sobre o benestar de maiores e coidadores

Agaca
Por Agaca Xaneiro 31, 2018 14:17

ACTIVIDADES

Novembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • La xornada “Coidar, coidarte” celebrouse esta mañá na cooperativa Agraria Comarcal de Ordes, onde se mostraron técnicas para mellorar a atención a maiores e  se oferceron consellos para envellecer con saúde.
  • Obra Social “la Caixa” e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolven a iniciativa.

20180131_coidar_ACO

Esta mañá celebrouse unha das xornadas do programa “Coidar, coidarte” nas instalacións da cooperativa Agraria Comarcal de Ordes, na que participaron 24 persoas socias. Comezou cunha charla sobre o papel das cooperativas na mellora do benestar das persoas maiores do medio rural a cargo de Ruth Rodríguez, axente de Igualdade de Xénero en AGACA.

A continuación, Silvia Fondo, profesional da atención a persoas maiores e con dependencia explicou modos de mitigar a deterioración asociada ao envellecemento, a nivel físico, psicolóxico e social, para que tanto as persoas maiores como as que estean encargadas da súa atención gocen dun maior benestar no seu día a día.

Ademais, con axuda do público, demostráronse técnicas para a correcta mobilización e coidado no fogar de persoas maiores ou con dependencia.

Compromiso social

Unha característica de Galicia é a avanzada idade da súa poboación: segundo datos recompilados por AGACA, nos últimos anos, a porcentaxe de cooperativistas do sector agroalimentarios maiores de 55 anos oscila entre o 20 e o 40% dependendo do subsector.

Ante esta realidade, Obra Social “la Caixa” e AGACA impulsan “Coidar, coidarte” como modo de dirixirse tanto ás necesidades dese tramo de poboación como ás das persoas que teñen a alguén de avanzada idade ao seu cargo.

31/01/2018

 

Agaca
Por Agaca Xaneiro 31, 2018 14:17
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*