Exclúense os sábados do cómputo de prazos

Agaca
Por Agaca Outubro 3, 2016 15:04

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A resolución do 28 de setembro de 2016, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, que establece o calendario de días inhábiles a efectos de cómputos de prazos, no ámbito da Administración Xeral do Estado para o ano 2016, a partir do día 2 de outubro de 2016, exclúe os sábados do cómputo de prazos.

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas recolle no seu artigo 30.7 que a Administración Xeral do Estado, con suxeición ao calendario laboral oficial, fixará, no seu respectivo ámbito, o calendario de días inhábiles a efectos de cómputos de prazos.

Como novidade, a mencionada Lei no seu artigo 30.2, exclúe os sábados do cómputo de prazos.

De acordo co establecido na súa disposición final sétima, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, entrou en vigor o 2 de outubro de 2016.

A partir do 2 de outubro de 2016, serán días inhábiles, no ámbito da Administración Xeral do Estado, a efectos de cómputos de prazos:

a) En todo o territorio nacional: os sábados, os domingos e os días declarados como festas de ámbito nacional non sustituibles, ou sobre as que a totalidade das Comunidades Autónomas non exerceu a facultade de substitución
b) No ámbito territorial das Comunidades Autónomas: aqueles días determinados por cada Comunidade Autónoma como festivos.
c) Nos ámbitos territoriais das Entidades que integran a Administración Local: os días que establezan as respectivas Comunidades Autónomas nos seus correspondentes calendarios de días inhábiles

Ver resolución completa en : https://www.boe.es/boe/dias/2016/10/01/pdfs/BOE-A-2016-8961.pdf

Agaca
Por Agaca Outubro 3, 2016 15:04
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*