Adegas de AGACA fanse con medallas de ouro e prata nos Premio Baco Colleita 2015

Agaca
Por Agaca Xuño 8, 2016 14:52

  • Condes de Albarei e Martín Códax obtiveron cadansúa medalla Baco de Ouro Colleita 2015 e Viña Moraima conseguíu unha medalla Baco de Prata Colleita 2015.
  • Os premios Baco son convocados cada ano pola Unión Española de Catadores e están oficialmente recoñecidos polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Na Cata – Concurso de Viños Xóvenes participaron viños brancos, rosados, tintos, espumosos e doces elaborados na colleita 2015 en toda España. Un xurado composto por 50 membros da Unión Española de Catadores avaliou aos aspirantes en catas a cegas.

O obxectivo dos Premios Baco é impulsar e incentivar as elaboracións de viño xoven de calidade en todas as rexións vitivinícolas e contribuír á súa difusión entre os consumidores.

Datos dos caldos gañadores:

Arte final CondesBACO DE ORO – ALBARIÑO CONDES DE ALBAREI 2015, de Adega Condes De Albarei S.A.U., DO Rías Baixas. Viño Branco xoven, tipo Albariño. PVP Aprox. 9 €. 1000000 botellas.

MartinclogowebBACO DE ORO – APERTAS 2015, de Bodegas Martín Codax S.A.U., DO Monterrei. Viño Branco xoven, tipo Godello. PVP Aprox. 7 €. 80000 botellas.

vinamoraimaBACO DE PLATA – MORAIMA ALBARIÑO 2015, de Viña Moraima S.C.G., DO Rías Baixas. Viño Branco xoven, tipo Albariño PVP Aprox. 7 €. 20000 botellas.

Agaca
Por Agaca Xuño 8, 2016 14:52
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*