60 cooperativas gandeiras de AGACA participaron na manifestación do sector lácteo

Agaca
Por Agaca Xullo 29, 2015 14:22

60 cooperativas gandeiras de AGACA participaron na manifestación do sector lácteo

Claves

  • "É fundamental aportar medidas de impulso da concentración da oferta para os gandeiros, algo que entidades como a nosa levamos reclamando dende hai tempo.”

Artigos relacionados

As cooperativas membros da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias facilitaron a asistencia dos seus asociados á manifestación en Santiago fretando autobuses, en colaboración con algúns concellos.

As cooperativas consideran necesario reducir a atomización da oferta no sistema produtivo lácteo e impulsar medidas para a súa concentración, así como dar valor engadido ao leite.

Por outra banda, datos a nivel internacional indican que o leite segue desvalorizándose nos mercados globais.

As cooperativas gandeiras de AGACA aprobaron unanimemente o seu apoio á manifestación convocada polo sector lácteo o venres en Santiago de Compostela para frear a crise causada polos baixos prezos do leite e o cese de recollidas. As entidades convocaron aos seus asociados e traballadores para que se achegasen a Santiago ou participasen nas demostracións de apoio dende as cooperativas.

fotomani

Representantes de 60 cooperativas gandeiras participaron na manifestación que tivo lugar o día 17 de xullo en Santiago. Ademais, máis de 20 autobuses partiron dende as catro provincias galegas convocados polas cooperativas, que nalgúns casos colaboraron cos Concellos para a organización dos desprazamentos.

Xunto coa asistencia á manifestación, as cooperativas solidarizáronse cos produtores lácteos a través de medidas como a redución de horario de atención ao público con servizos mínimos ou peche das súas instalacións na duración da manifestación, para expresar o seu malestar pola situación crítica do sector.

Concentración da oferta

Os representantes das cooperativas estiman que unha das claves da crise láctea é a “excesiva atomización do mercado galego, que vende fóra de Galicia, sen transformar, máis do 20% do leite producido na Comunidade”.

Esta atomización, que afecta tanto a cooperativas primeiro compradoras como a entidades privadas primeiro compradoras, non axuda a conformar o suficiente valor ao sector polo que, consideran os representantes de AGACA, “é fundamental aportar medidas de impulso da concentración da oferta para os gandeiros, algo que entidades como a nosa levamos reclamando dende hai tempo”.

AGACA traslada a mensaxe das cooperativas, que consideran fundamental que, ligado ao impulso da concentración da oferta láctea, se incentiven núcleos industriais de base cooperativa capaces regular o mercado lácteo e aportar un valor engadido ao leite, de cara aumentar o atractivo do leite galego para outros novos mercados.

Caída global de prezos

Reflexo da caída de prezos que sofre o sector lácteo galego é o índice de subhastas de Fonterra, a cooperativa de Nova Zelandia que aglutina unha das maiores cotas de mercado a nivel mundial. De media, os prezos dos seus produtos baixaron nun 10,7% na subhasta do día 15 de xullo. No que vai de 2015, o descenso é do 25% aproximadamente. Comparando as cifras co máximo acadado en 2013, a caída é do 64%.

A nivel mundial, tomando os resultados do Índice GlobalDairyTrade, o prezo rexistrado en 2015 é o máis baixo dos últimos 10 anos da serie histórica coñecida.

Os representantes das cooperativas móstranse preocupados pola tendencia, e consideran imprescindible o fomento do consumo: “Se continúa esta tendencia, ocasionará problemas gravísimos para os sector, tanto a nivel de custos para as explotacións como para todo o sistema produtivo. Pode supoñer o peche para moitos produtores”.

Agaca
Por Agaca Xullo 29, 2015 14:22
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*