Mercarural estrea superficie comercial en A Barrela

Agaca
Por Agaca Novembro 30, 2015 13:01

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Claves

  • A superficie comercial conta con 300 metros cadrados.
  • Mercarural foi creado por Delagro para dotar de criterios visuais e comerciais unificados e competitivos ás tendas agrarias.

Artigos relacionados

  • A cooperativa Icos ampliou a súa tenda no municipio lucense de Carballedo baixo os criterios estratéxicos e estéticos de Mercarural.
  • A tenda conta con máis de 300 m2 divididos en zonas de produtos para o traballo agrario, mascotas, e alimentación e fogar.

Mercarural A Barrela O pasado venres mostrábase ao público a tenda de Icos en A Barrela (Carballedo) cunha nova imaxe baixo o selo Mercarural impulsado por Delagro. A reforma responde á continua vontade das entidades de satisfacer a crecente demanda dos consumidores da zona, de produtos agrarios e alimentarios, que xa comezou o ano pasado co éxito da implantación do departamento de peixería.

Con máis de 300 metros cadrados, a superficie comercial gaña un 10% de sala de venda, o que supón un considerable incremento no catálogo de produtos.

Novidades
Potenciouse en tenda a sección de pensos para mascotas, ademais de incorporar planta viva no departamento de xardinería, no que tamén se potenciaron as familias de rego, poda, sufatado e sementes.

No que respecta a ferraxería e bazar, introdúcense novas ferramentas manuais e eléctricas e amplíase o surtido de bombillas e material eléctrico.

Entre outras melloras nos departamentos de alimentación e fogar, incrementáronse en 55 metros os lineais de libre servizo. A sección de refrixerados ampliouse nun 60%, estendendo a selección derivados lácteos. Duplicouse tamén, o espazo de produtos conxelados.

Mercarural
O selo Mercarural, creado pola cooperativa de segundo grao Delagro, busca dotar ás tendas agrarias do contorno rural dunha imaxe corporativa recoñecible, moderna e diferenciada e dunha estratexia comercial baseada na competitividade, mantendo sempre criterios estéticos e comerciais axustados á casuística de cada zona, para a mellor satisfacción da demanda.

José Manuel Díaz, responsable do Departamento de Mercarural de Delagro, e Jesús Bardelás, director de Icos, cooperativa especializada en lácteo, subministracións e servizos, acudiron á inauguración do establecemento.

Agaca
Por Agaca Novembro 30, 2015 13:01
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*