Propostas de Cooperativas Agro-alimentarias de España aos partidos políticos de cara ás Eleccións Xerais

Agaca
Por Agaca Novembro 7, 2015 14:48

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Propostas de Cooperativas Agro-alimentarias

  • Cooperativas Agro-alimentarias de España representa a 3.838 empresas cooperativas que agrupan a máis dun millón de socios e dan emprego a 96.220 traballadores.
  • A entidade elaborou un documento coas peticións que traslada aos partidos políticos. Entre elas, destacan:

1. Aposta por políticas que incentivan a concentración da oferta e a integración cooperativa.

2. Apoio ao papel clave das cooperativas para que os resultados e beneficios de investimento na mellora do valor engadido, a internacionalización e a innovación se trasladen aos produtores e ao medio rural.

3. Defensa dunha POLÍTICA AGRÍCOLA COMUNITARIA, que fomente a competitividade das cooperativas e do seus produtores, e prevexa ademais instrumentos de regulación dos mercados.

4. Negociacións comerciais internacionais.
Velar pola defensa dos intereses comerciais de España no marco da Unión Europea, especialmente no deseño dos mandatos de negociación ditados á Comisión Europea.

5. A Investigación, Desenvolvemento e innovación son fundamentais para adaptarse ás necesidades do mercado, dessenvolver novos produtos, procesos e abrir novas canles de comercialización.

6. O DEREITO DE COMPETENCIA, debe ter en conta a especificidade do sector agroalimentario.
Non defender exclusivamente as estratexias de prezos baixos ao consumidor, sen ter en conta efectos perversos que se derivarán a medio e longo prazo no sector.

7. Continuar coa formación e asistencia técnica, para lograr o desenvolvemento e modernización das nosas cooperativas.

8. Igualdade de oportunidades en cooperativas.
Contribuír á xeración de riqueza económica e social mediante a igualdade entre homes e mulleres.

9. Mantemento e reforzo do sistema nacional de SEGUROS AGRARIOS.

10. Abrir un debate sobre a FISCALIDADE das COOPERATIVAS.

11. Mantemento do IVE, súper-reducido para os alimentos básicos.

12. Recoñecemento á especificidade da agricultura en zonas insulares (Illas Baleares/ Illas Canarias).

13. Autoconsumo enerxético e tarifa neta.

Dende AGACA, queremos engadir a estas propostas:
– A necesidade dunha maior interlocución coas cooperativas, como entidades representativas da sociedade civil.
– Necesidade dun esforzo por conseguir estruturación e organización dos sectores estratéxicos coma o lácteo.

Para ver o resumo das propostas, premer aquí

O documento completo coas propostas pódese consultar en PDF na ligazón de Documentación.

Agaca
Por Agaca Novembro 7, 2015 14:48
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*