ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA

  • FIAB, ASOLIVA,  ASEMESA,  ANICE,  FEBE,  FENIL,  FEV,  FENAVAL,  ASOZUMOS, COOPERATIVAS  AGRO-ALIMENTARIAS, ASAJA, COAG e UPA, constitúen unha Plataforma para esixir firmeza ao Goberno e á Unión Europe.
  • Lembran á Unión Europea que pode facer fronte á ameaza da Administración Trump impoñendo taxas a produtos estadounidense.
  • Piden que se empece a traballar de maneira conxunta cos sectores nun plan concreto para a compensación aos afectados.

A industria de alimentación e bebidas e representantes do sector primario han constituído unha Plataforma para rexeitar a imposición de aranceis en Estados Unidos aos seus produtos como represalia polo conflito contra Airbus no marco da OMC e pedir tanto ao Goberno de España como da Unión Europea a máxima implicación e firmeza ante esta ameaza a un dos sectores máis dinámicos da economía española como é o agroalimentario.

Os sectores afectados pola imposición de aranceis por parte de Estados Unidos uníronse así para reclamar solucións ante un escenario que ameaza con prexudicar seriamente a solvencia deste mercado estratéxico.

Todos os sectores representados na Plataforma —FIAB,  ASOLIVA,  ASEMESA,  ANICE,  FEBE,  FENIL,  FEV,  FENAVAL,  ASOZUMOS, COOPERATIVAS  AGRO-ALIMENTARIAS, ASAJA, COAG e UPA— coinciden en que a decisión adoptada pola Administración  Trump responde a unha medida inxusta e prexudicial e por iso reclaman incrementar a presión negociadora ata o último momento, tanto nas relacións directas do Executivo español con Estados Unidos, como por parte da Unión Europea, para  chegar a un acordo que evite a aplicación dos aranceis ou polo menos a súa “conxelación”.

“Non queremos ser moeda de cambio nunha disputa allea. É fundamental a intervención ao máis alto nivel do Goberno, a Comisión Europea e dos países aliados para evitar unha guerra comercial aberta que será prexudicial en todas as direccións”, sinalan dende a Plataforma.

En calquera caso, dende o sector agroalimentario español esíxese tamén á Unión Europea que adopte medidas concretas e contundentes e lembra que se pode facer fronte á ameaza da Administración Trump impoñendo taxas a produtos estadounidenses. “Bruxelas conta coa aprobación da Organización Mundial de Comercio para impoñer taxas a produtos estadounidenses por valor de 4.000 millóns de dólares”, aseguran.

Ademais, a Plataforma considera necesario que se empece a traballar de maneira conxunta cos sectores nun plan concreto para a compensación aos afectados que poida paliar o efecto negativo que provocarán os aranceis. “Estas medidas deberían ser efectivas a partir do día 19 de outubro, un día despois da data na que está prevista que os aranceis entren en vigor, ata que se chegue a unha solución pactada. Ademais, no caso da oliva e da oliva negra, as medidas de compensación deben incluír o dano sufrido dende o 28 de novembro de 2017”, afirman.

Con 1.843,47 millóns de euros exportados en 2018, actualmente Estados Unidos é o primeiro mercado de destino das exportacións de alimentos e bebidas despois da Unión Europea. As medidas  arancelarias poñen en perigo as vendas a este país dos 8 sectores máis afectados -aceite de oliva, viño, olivas, lácteos, produtos do porcino, zumes, licores, moluscos e froitas preparadas ou conservadas-, e poderían supoñer a perda de máis de 5.000 empregos en España.

20191017_alimentacion-CAE-contra-aranceis_trump

Federacion Española de Industrias de Alimentación y Bebidas – FIAB
Asociación Española De La Industria Y Comercio Exportador De Aceite De Oliva – ASOLIVA
Asemesa Asociación de Exportadores de Aceitunas de Mesa – ASEMESA
Asociación Nacional de Industrias de la Carne de España – ANICE
Federación Española de Bebidas Espirituosas – FEBE
Federación Nacional de Industrias Lácteas – FENIL
Federación Española del Vino – FEV
Federación Nacional De Asociaciones De Transformados Vegetales Y Alimentos Procesados – FENAVAL
Asociación Española de Fabricantes de Zumos – ASOZUMOS
Cooperativas  Agro-alimentarias de España
Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores – ASAJA
Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos – COAG
Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos – UPA

17/10/2019