ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • As Vacas da Ulloa (Palas de Rei) mostrou a estudanes do composteláns o funcionamento dunha cooperativa láctea.
  • Participaron nun obradoiro organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

20190913_Eusumo_CIFP-Santiago_visita_as-vacas-ulloa

A cooperativa As Vacas da Ulloa, que produce leite en Palas de Rei, , acolleu esta mañá  un obradoiro titulado “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, que organiza AGACA no marco da Rede Eusumo. Participaron persoas en situación de desemprego que cursa no CIFP Santiago (Santiago de Compostela) un Certificado de Profesionalidade sobre interpretación e educación ambiental.

A iniciativa busca dar visibilidade ao cooperativismo e a economía social entre os estudantes para que, unha vez rematados os estudos, poidan ter estes modelos de negocio en conta como opción de emprego.

Guiado polo persoal das Vacas da Ulloa, o alumnado percorreu as instalacións para coñecer primeira man o funcionamento da granxa, ademais dos retos que leva superado para lograr a rendibilidade na súa actividade láctea.
Rede Eusumo

20190618_logos-REDE-EUSUMOEsta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

13/09/2019