ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Comisión Europea, no marco do programa ESER (“European Social Economy Regions”), designou Galicia como Rexión Amiga da Economía Social 2019

20190529-foro-economia-social_presentacion-galicia-rexion-amiga-econ-social_wbO Foro pola Economía Social Galega presentou esta mañá as actividades conmemorativas da designación de Galicia como Rexión Amiga da Economía Social 2019.

As actividades levaranse a cabo os días 4 e 5 de xuño.

O martes, 4 de xuño, realizaranse dúas visitas a entidades de economía social: pola mañá á cooperativa láctea CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) e, pola tarde, ao centro especial de emprego Tremeve.

O día 5, por outra parte, celebrarase en Santiago de Compostela un evento no que intervirán Estelle Bacconnier, alta representante da Comisión Europea; Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria; Juan Antonio Pedreño, presidente de CEPES, e Celso Gándara, portavoz do Foro pola Economía Social Galega. Durante a xornada haberá un concerto a cargo da cantante Guadí Galego, seguido da conferencia “Liderando a través da comunicación”, de Javier Cebreiros, doutor en comunicación.

Foro pola Economía Social Galega

ForoPolaEconomiaSocialGalega_logoO Foro está formado por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción de Galicia), AESGAL (Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia), Cegasal (Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro) e Espazocoop (Unión de Cooperativas Galegas).

O Foro ten por obxectivos dar visibilidade á economía social ante a sociedade e os principais axentes económicos, representando os seus intereses ante as diferentes institucións políticas, económicas e sociais, e xerando as condicións adecuadas para o desenvolvemento das súas entidades a través da intercooperación e o acceso aos procesos de contratación públicos.

28/05/2019