ACTIVIDADES

Marzo 2019

REVISTA AGACA

  • 141_Página_01

    Cooperación Galega Nº141 Decembro 2018

    Editorial- Contra as gasolineiras das cooperativas
    A Fondo- O proxecto europeo AGROSMARTcoop celebrou en Galicia o seu Foro Final
    Caderno Técnico- Proxectos innovadores en Galicia con Fondos Europeos

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Quedan prazas no obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”, en Pol. Comeza o 25 de marzo, dura 5 días e é gratuíto. .
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.

Aínda hai prazas no obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)”, orientado a amosar como impulsar a rendibilidade e a creación de empregos nestas superficies, especialmente entre a xuventude, mediante o emprendemento de actividades económicas e baixo o modelo de negocio cooperativizado.

A formación desenvolverase en cinco xornadas, do 25 ao 29 de marzo. Cada día afondarase nun tema: Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de xestión forestal segundo a Lei de Montes.

Tamén se amosarán exemplos de iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, en áreas coma a castaña, a oliveira, o porco celta, a resina e a eficiencia enerxética.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou no noso formulario de inscrición.

— Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Vecinales (CCMMVV)” – POL

Lugar: Salón de Actos do Centro Sociocultural de Mosteiro – Pol, Nº1 Praza de Galicia, Mosteiro – Pol. (Ourense) / Datas e horarios: -Do luns, 25 de marzo, o venres, 29 de marzo. – De 16:00 a 19:00 h.

Programa completo aquí.

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019

18/03/2019