ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá estudantes do CFEA de Guísamo participaron nunha xornada didáctica sobre cooperativismo na cooperativa Milhulloa (Palas de Reis).
  • A actividade, a primeira que se celebra este ano, forma parte da Rede Eusumo, para impulsar o cooperativismo e a economía social.

Por primeira vez este ano celébrase unha das actividades de Rede Eusumo e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) para estudantes.

Esta mañá, un grupo de estudantes de formación profesinal, relacionada con xardineria, do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo coñeceu de primeira man Milhulloa, unha cooperativa de traballo asociado cunha traxectoria de 18 anos, dedicada á produción de especias, herbas medicinais, cosméticos e outros produtos derivados do campo, algún de forma ecolóxica.

Durante o percorrido polas instalacións, persoal da entidade explicoulles o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado dos seus produtos, así como as distintas fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.

O obxectivo destas iniciativas de “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, é dar a coñecer este modelo de negocio entre o estudantado, para que o teñan en consideración ao finalizar os sus estudios. O pasado curso participaron 919 estudantes en 27 actividades.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019

28/02/2019