ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A entidade financeira ofrécelle ó cooperativismo agroalimentario galego liñas de financiamento en condicións vantaxosas para dar resposta ás necesidades de crédito máis habituais do sector.
  • Os cooperativistas poderán contar cunha ampla gama de alternativas tanto para financiar o circulante como os seus investimentos.

20181226_wb-sinatura-convenio-agaca-abancaABANCA e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o acceso ao crédito aos integrantes das cooperativas que pertencen a AGACA. Este novo acordo que é de aplicación a un total de 78 cooperativas pon de manifesto a importancia do cooperativismo e o compromiso de ABANCA co sector.

O presidente de AGACA, José Severino Montes, e o director de ABANCA Empresas e Pemes, Víctor Casal, rubricaron hoxe en Santiago un acordo que responde ás necesidades máis habituais do sector como o financiamento do circulante ou de investimentos. A súa vez, tamén incorpora solucións financeiras para dar resposta a retos do sector como a internacionalización ou liñas de financiamento máis específicas como o “leasing” para financiamento de animais, “factoring” ou “confirming”.

O convenio permite acceder á ampla oferta agro-gandeira de ABANCA en condicións melloradas. Un bo exemplo é a póliza de crédito, renovable ata cinco anos, con xuros e comisións moi baixos. Outro exemplo son os préstamos financiamento de investimentos con prazos de ata 12 anos en variable e 8 en fixo. Na modalidade de leasing, incorpórase como novidade a posibilidade de financiar animais.

Grazas a este convenio, os profesionais do sector pertencentes á AGACA, optarán a vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. Así mesmo, poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos e coas sociedades galegas de garantía recíproca.

Este apoio da entidade financeira xa conta con precedentes en numerosas cooperativas de Galicia e axentes relevantes do sector primario. Desde o ano 2015, ABANCA conta cunha división especifica centrada nas necesidades do primario: ABANCA Agro. Nela, agrupa un catálogo específico, xestores especializados e respostas adaptadas ás necesidades deste sector clave para a comunidade galega.

As 78 cooperativas de AGACA, cunha facturación acumulada de 1.400 millóns de euros e outros 600 millóns en entidades participadas maioritariamente por elas, poñen en valor a importancia do cooperativismo agroalimentario na nosa economía e tamén a boa aceptación que teñen para as cooperativas os servizos que se lles prestan dende AGACA (representación, información de axudas, formación, consultoría, calidade etc.).

26/12/2018