ACTIVIDADES

Decembro 2018

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega 140

    Cooperación Galega nº 140 – Octubre 2018

    Editorial- A cuarta revolución industrial
    A Fondo- AIRA e DAIRYLAC vistas polo seu presidente e director
    Caderno Técnico- Implantación e manexo de praderías de leguminosas anuais biodiversas para zonas de seca no verán

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá foi impartida na adega cooperativa Martín Códax a cápsula formativa Novos Formatos e Formatos de Consumo: Ecodeseño.

Esta mañá unha vintena de persoas relacionadas profesionalmente con adegas cooperativas participou en Martín Códax (Cambados) nunha cápsula formativa co título de Novos Formatos e Formatos de Consumo: Ecodeseño.

A acción formativa ten por obxectivo dar a coñecer diferentes alternativas para os envases e embalaxes utilizados nas adegas cooperativas, con criterios de ecodeseño como base, por parte dos responsables da toma de decisións das cooperativas. Impartiron a formación Víctor Palau e Ana Gea, da axencia valenciana PalauGea, especializada en deseño, estratexia e comunicación.

 AGROSMARTcoop

AGROSMARTcoop é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa Interreg Sudoe 2014-2020 dentro do eixe prioritario de fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do Sudoeste europeo, cuxo obxectivo principal é crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente, dotando de estruturas, ferramientas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE para mellorar na innovación tecnolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación.

O proxecto está cofinanciado, nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a UE, co cargo ao Programa de Cooperación Interreg V-B Europa Suroccidental (Interreg Sudoe 2014 – 2020), e dispón dun presuposto total de 1.295.000,00 euros (axuda FEDER: 971.250,00 euros)”.

Durante dous anos, ata o 31 de decembro de 2018, oito entidades beneficiarias de seis rexións europeas dedicarán esforzos a precisar sinerxías e potencialidades. O consorcio internacional está conformado por: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, encargada de liderar o proxecto; Cooperativas Agro-alimentarias Castilla – La Mancha, CACLM; Federación de Cooperativas Agro-alimentarias de Euskadi, FCAE; Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Extremadura, CICYTEX-Junta de Extremadura; Association des Régions Européennes des Produits d’Origine, AREPO (Francia); Coop de France Nouvelle Aquitaine, CDF NA (Francia); União Cooperativa Polivalente da Região Norte, UniNorte (Portugal) e Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, UTAD (Portugal).

25/10/2018