ACTIVIDADES

Maio 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Fundación Terra de Trasancos (Narón) acolleu esta mañá a estudantes do IES Leixa (Ferrol).
  • Participaron nunha charla formativa e percorreron as instalacións de Terra de Trasancos, entidade que opera en varios sectores económicos no modelo da economía social.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

20180524_eusumo_IES_LEIXA_en_TrasancosA Fundación Terra de Trasancos recibiu esta mañá ás estudantes do Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia do instituto ferrolano Leixa.

Participaron nun obradoiro divulgativo da Rede Eusumo, acerca características da economía social como modelo de negocio que pode prosperar no medio rural e en diversos sectores produtivos e de servizos.

A charla destacou como valores positivos nas cooperativas a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento.

O obxectivo é presentar ao alumnado as posibilidades que modelos coma o cooperativismo ofrecen para o emprendemento así como para manter postos de traballo estables e rendibles, de modo que o teñan en conta como opción de futuro profesional ao rematar os seus estudos.

Persoal da entidade mostroulles as instalacións e o funcionamento de Terra de Trasancos, que desenvolve a súa actividade, agrícola y de servizos, dentro do modelo de la economía social.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

24/05/2018