ACTIVIDADES

Maio 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Corenta estudantes do CPI Castro Baxoi (Miño) participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, que aconsella sobre almorzos saudables con produtos galegos e mostra o proceso de transformación do leite.
  • AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa en centros educativos de toda Galicia.

20180227_Almorzos_sans_Castro-Baxoi_Miño

O alumnado de cuarto de primaria do CPI Castro Baxoi  aprendeu onte diferentes opcións para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética e con alimentos saudables.

Entre os consellos ofrecidos pola nutricionista María Fernández, que impartiu a charla, atópase o de almorzar diariamente para cubrir as necesidades enerxéticas dos escolares e incluír, nesa primeira comida, alimentos de varios grupos como lácteos e derivados, pezas de froita fresca de tempada xunto con zume naturais, e evitar produtos industriais que conteñan exceso de graxas e azucres prexudiciais.

A modo de exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, froita e pan con aceite.

Ademais,mediante un xogo aprenderon proceso de transformación do leite, dende a granxa ata os fogares, e a importancia do sector no medio rural galego.

Compromiso social

Durante este curso académico (2017/2018) celebráronse xa 16 xornadas e repartíronse 690 almorzos no marco de “Almorz@ con Beizos Brancos”.

AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa dende 2015 para impulsar correcta alimentación dos nenos e nenas de Galicia e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de pór en valor os produtos do agro galego.

 

28/02/2018