ACTIVIDADES

Setembro 2019

ÚLTIMAS NOTICIAS

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

COMUNICADO: UCOGA

  • Durante a onda de incendios producida este mes de Outubro, queimáronse en Galicia e Asturias aproximadamente unhas 35.500 hectáreas, máis do dobre do afectado no primeiros nove meses do ano, e cun tráxico balance de catro vítimas mortais e numerosos feridos.

logo_ucoga

UCOGA lamenta profundamente os danos naturais e persoais que este feito produciu  nos  nosos  montes  e  nas  nosas  xentes,  que  tan   indefensos  se atoparon nunha situación crítica. A nosa función é axudar naquilo sobre o que podemos ser máis efectivos e resolutivos.

Por iso, UCOGA infórmalles da existencia dun seguro de accidente gratuíto e que, por defecto, fornece o Consorcio de Compensación de Seguros para aquelas persoas que sufrisen accidentes corporais (con resultado de morte ou non) con motivo da súa participación nos traballos de extinción dun incendio forestal.

Para que sexa valorada a súa indemnización, o accidentado, o beneficiario (herdeiro no seu caso) ou o seu representante deberán formular, tan pronto como lles sexa posible, a oportuna reclamación ao Consorcio.

Nuns días tan delicados, dende UCOGA ofrecémonos a axudarlle na tramitación destas reclamacións, para que poida axilizar a xestión e recibir a indemnización no menor tempo posible.

UCOGA queda á súa disposición sen compromiso para facilitarlle información, tanto sobre o contido deste seguro como sobre a súa tramitación.

 

31/10/2017